Páginas

6 may 2024

PEQUENOS CONTACONTOS

 

  

   Para ir rematando febreiro, as profes Cris e Lina de 3 anos de Infantil prepararon unha pequena sesión de contacontos para compartir a nivel intercentros cos nosos veciños, a Escola Infantil A Galiña Azul, que viñeron a visitarnos á biblioteca de Libruxa.

    Nesta ocasión tocou o clásico infantil "A que sabe a lúa?"


SEMPRE ROSALÍA, SEMPRE POESÍA...


    Para conmemorar este día tan importante das Nosas Letras, propuxéronnos dende o Concello de Burela participar nunha actividade colaborativa con todos os centros educativos do Concello, tanto CEIPs como IES, preparando un maratón de lectura rosaliana con versos elexidos por nós e reunirnos abaixo no edificio consistorial. Mans á obra!!!!!!
    Coa axuda dos voluntarios da biblio, eleximos os versos para o alumnado de primaria e tamén preparamos a actividade que íamos facer no centro seguindo, como sempre, a proposta da AELG: 

 

Correversos ROSALÍA 23-24 by Nazareth


    Desgraciadamente, chegado ese día o tempo non acompañou e ningún centro puido baixar ao Concello, polo que celebramos o maratón de lectura nos propios centros acompañados polo edil de cultura: 

   



     Ademáis deste maratón de lectura, ao longo desa semana fumos realizando diversas actividades plásticas nas aulas para elaborar un fermoso mural adicado a esta escritora. 

     Os pequeniños de 3 e 5 anos puxéronlle imaxes e cor aos versos do poema proposto 


  mentres que @s peques de 4 anos elaboraron uns fermosos retratos de Rosalía coa técnica do puntillismo


   Finalmente, para rematar o mural, o alumnado de 2º de primaria elexiu diferentes retratos/caricaturas da autora para elaboralos co lápiz 3D


Rosalía Lápiz 3D by Nazareth






   E así quedou o mural rematado: 



   


   Ademáis, o alumnado de 6º achéganos a vida e obra de Rosalía a través dun vídeo: 




OS REINOS VISTEN DE GALA

 


        Está chegando o Entroido a Vistamáxica, e pouco a pouco vaise engalanando o cole: os bufóns chegan coa música, o meco prepara as súas ordes e os reinos ultiman as súas mellores galas para o gran desfile cumprindo o mandato do reto 5....

   Este curso temos un meco moi especial, Vatra, e si queremos sacarlle outra escama temos que ler atentamente as súas ordes: 













Deixoulles indicacións moi precisas aos axudantes de Libruxa:





      E así comezamos a semana e os habitantes dos diferentes reinos, por suposto, disfrutando moitísmo


    E chegou o día do gran desfile onde presentamos o resultado final da elaboración dos disfraces cumprindo os retos do bruxo para derrocar a Vatra ao longo de todos os meses pasados, cada un deles representando o significado e o simbolismo do seu reino.  Publicamos nas redes a seguinte mensaxe: 
 

    E este sería a nosa programación perfectamente organzida para que toda a comunidade educativa poda desfrutar desta festa: 




    E así quedou resumido en diferentes vídeos, intenso pero bonito: 




  Tamén nos acompañaron no baile conxunto as xogadoras do Pescados Rubén Futbol Sala Femenino de Burela: 



   E ao final Vatra ardeu en chamaradas...
   


30 abr 2024

CARTA MAGNA POLA PAZ, CARREIRA SOLIDARIA E UN PEQUENO CONTACONTOS


    Ímonos preparando para elaborar a Carta Magna pola Paz e xa cada reino elexiu o valor que quería representar e escribiu un dereito/deber pola boa convivencia.  Xa está todo listo!!!!!




   Reto conseguido!!!! Agora queda darlle forma...


      Dende a Radio Vistalegrín, representantes dos reinos gravarán os dereitos e deberes incluídos nesta Carta Magna para de agora en diante, toda a comunidade educativa estea informada e poda cumplilos. 


   
   Ademáis, organizamos unha carreira solidaria "Save the Children" e recaudar fondos para esta organización, á cal tamén invitamos aos pequechos da Escola Infantil para correr con nós e ás familias para darnos ánimos detrais das vallas. 

 






   Foi todo un éxito e así quedou reflectido nas nosas redes sociais: 


   


    Tamén, o alumnado voluntario da biblio estivo ao longo deste mes de xaneiro preparando un pequeno teatriño de marionetas sobre o libro "Leonor e a pomba da paz" para facer algunha animación tanto á Escola Infantil A Galiña Azul coma aos peques de Infantil do noso cole. 
    Eles mesmo se encargaron de elaborar as marionetas, ensaiar nos recreos libres, e axudaron a reescribir o conto en formato teatral!!!




Leonor e a Pomba Da Paz Texto by Nazareth


   

XANEIRO, ASAMBLEA DE REINOS E RETO 5


 






      Vatra vixía, e anda ao redor de Vistamáxica polo que o bruxo ten que darse presa e darlle a Libruxa canto antes o Reto 5. Por iso, non podemos esperar e xa á volta de vacacións os reinos están chamados a unha asamblea nos troncos para ser informados...



      Achégase o Día da Paz e todos os reinos han de asinar unha Carta Magna cos dereitos e deberes que eles elexiron para unha boa convivencia.


    Ademáis, han de elaborar xa a última peza do noso disfraz para a celebración do Entroido. Temos o estandarte, o amuleto protector, a túnica-capa e queda por diseñar algo para a cabeza.




 

29 abr 2024

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

     

             Libruxa deséxavos moooitas lecturas!!!!!

 

e os voluntarios da 

e os voluntarios da biblio tamén vos querían deixar as súas suxerencias...




 

O NADAL CHEGA AOS REINOS!!


    Chegamos a unha das datas máis especiais para os máis pequenos e non podíamos deixar de celebrala tamén nos diferentes reinos de Vistamáxica. 

 Así nos fumos preparando e engalanando os nosos espazos: 



   Así quedou a nosa programación para estes derradeiros días do trimestre:

 




    Como todos os anos, o noso alumnado comparte estas datas cantando panxoliñas en diferentes asociacións do Concello,Centros de día e escolas infantís, fomentando así o achegamento  e a convivencia cos nosos maiores e con persoas con "diferentes capacidades": 






  
 Os máis pequenos disfrutan preparando doces de Nadal en diferentes talleres de cociña: 



      Ese día as felicitacións de Nadal para os reinos veciños xa están listas para ser recollidas polos seus destinatarios. RETO CONSEGUIDO!!!!!! e os Reis Magos visítannos para traernos o seu típico roscón: 




   O alumnado de Reli tamén preparou o seu "particular" Portal de Belén con figuriñas de Playmóbil: 

   
O alumnado de 6º estivo moi entretido organizando uns xogos mentres esperaban a chegada das súas Maxestades...


  e algúns dos voluntarios da biblio escribiron a súa especial carta de desexos para este Nadal: 



    Como vedes, estivemos moi entretidos este último mes para despedir o trimestre e comezar as nosas merecidas vacacións. Aquí vos deixamos un pequeno resumo deste último día: