Antes de entrar de cheo no novo PDI, recordamos ao noso alumnado como rematou o anterior reto 4: "Reduce, Reuse and Recycle",comezando polo TETRIS CHALLENGE:
Nas nosas redes sociais tamén imos recordándolle á comunidade educativa o que foi e seguirá sendo o noso traballo neste PDI:
Ao longo do curso levaremos a cabo dous novos retos dentro do Proxecto Europeo "Friends For Our Planet" no que participa o noso cole e do que xa se realizaron 4 nos PDIs dos cursos anteriores:
Para este Reto 5 sobre a Biodiversidade, propoñémoslles ás familias crear unha "guía colaborativa de consellos" para ser respetuosos coa nosa contorna:
Colgamos na nosa páxina do centro, no apartado de Proxecto Europeo, recursos sobre biodiversidade que vos poden ser de utilidade para ir entrando en materia. Aquí vos deixamos a ligazón:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistaalegre/node/2044
De todas as propostas de consellos, publicamos nas redes os 3 gañadores para darlle unha maior difusión:
E esta foi, uns meses despois o resultado final, xunto coas propostas dos restantes centros participantes:
Ademáis, como proposta de traballo do noso PDI para a metade do curso, suxerimos investigar sobre a flora e a fauna da auga doce en Galicia e, finalmente presentar o resultado das nosas investigacións nun mural con fotos e códigos QR. O primeiro paso foi asignar un animal e unha pranta a cada clase para que puidesen, como cada ano, DECORAR AS PORTAS, dando renda solta á nosa imaxinación e creatividade.
No 1º trimestre tivemos a visita dunha representante de Sogama para falarnos da xestión sostible de residuos nos concellos: