21 dic 2009
O NOSO NADAL, GALEGO E VERDE
15 dic 2009
BO NADAL
Achegamos esta entrañable felicitación que o ano pasado nos remitiu Emilo G. Legaspi dende o CEFORE de Burela.
Preme FULLSCREEN (Pantalla completa), pasa as cinco páxinas da Felicitación e le os bos consellos para as mestras e mestres.
E recién chegada esta unidade didáctica en Vieiros da escola; un dos autores é tamén Emilio G. Legaspi.
13 dic 2009
O NADAL
NON TE ESQUEZAS DUN BO LIBRO PARA LER.
PREME NAS IMAXES PARA COMEZAR
Máis actividades:
12 dic 2009
GUÍA DE LECTURA DO NADAL
4 dic 2009
CHEGOU O APALPADOR
O Apalpador, a noite do 31 de Decembro, gusta de apalpar as barriguiñas de nenas e nenos que estexan durmindo para ver se teñen fame ou non, e déixalles unha presa de castañas e agasallos como lembranza da súa visita.
A biblioteca Caracilatola publicou un fermoso traballo feito por XURXO L. VALCÁRCEL GIL.
A editorial Biblos ven de publicar o libro "O APALPADOR" de Xoán G. Otero que podes ler AQUÍ. Foi presentado o 6 de decembro no Courel.
Tamén se publicou este ano o conto
"ANTÓN E O APALPADOR" de Manuel Castro e Mar Ameixeiras.
Está publicado pola editorial Barafunda. Preme AQUÍ para lelo.
No CEIP de FRIAN (Teis) elaboraron unha Caza do tesouro para 1º de Primaria coa que se achegarán a este personaxe e ás nosas tradicións. Tamén nos achegaron actividades coas que podemos investigar sobre os costumes destas datas noutros lugares do mundo: TRADICIÓNS NAVIDEÑAS
O noso agradecemento aos compañeiros/as do Ceip Frian-Teis e do Ceip Mestres Goldar.
3 dic 2009
Titoriais para moverse pola rede
AZUR E ASMAR, un bó regalo para Nadal
Situada na Idade Media, esta historia móstranos o abraiante momento en que as civilizacións cristiana, xudea e musulmana conviviron e intercambiaron ideas, costumes e coñecementos. Un auténtico cántico á convivencia pacífica entre os pobos.