Este ano tivemos un "Nadal polo Mundo" mooooi especial onde coñecimos coa axuda de René, o profe de Reli, as diferentes maneiras de celebrar esta festividade e porqué nalgunhas culturas ou lugares non se celebra.
Ao longo da semana do 15 ao 19 de decembro visitaron o cole diversas personaxes de Nadal para contarnos a súa historia e o último día celebramos todos xuntos unha festa!!! con roscóns de reis e agasallos.
Agradecemos á ANPA a súa colaboración, así como a algúns metr@s xubilados que se caracterizaron de Befana (Italia), Grinch (EE.UU), Papá Noel (Laponia), Dez Moroz e a súa neta, Snegúrochka (Rusia), Reis Magos (Oriente), os Yule Lads (Islandia) e o Apalpador, que nos enviou unha mensaxe.
Ao longo destes días houbo moita actividade que é habitual por estas datas: Algunhas clases foron cantar panxoliñas ás diversas asociacións e ao centro de terceira idade co profe de música; tivemos diferentes talleres de comida e decoración de Nadal para construír unha gran árbore de nadal e o alumnado de 6º intercambiaronse regaliños entre eles con moita ilusión:
O prato forte para estas datas, ademais da visita das personaxes navideñas, foi a representación teatral dos máis maiores da obriña "Voa, voa, estrela!" que ademais representaron para a Escola Infantil.
Ademáis da oba estiveron moi ocupados elaborando unha noticias disparatadas sobre Papá Noel e escribindo unha carta colectiva con bos desexos para estas datas. Fai click nas imaxes para poder lelos: