Páginas

25 may 2026

NOVEMBRO: AMÉRICA DO NORTE


     Chega a segunda convocatoria de Libruxa para que os vistalegríns visiten a Axencia de Viaxes na procura dunha nova tarxeta de embarque. Cal será o novo destino?

- Destino: América do Norte

-Data de saída: 4 de novembro

-Data de chegada: 28 de novembro

-Categorías: rotativas por niveis ao longo das viaxes

   


         Xa conseguimos a tarxeta de embarque e imos rumbo a América do Norte!!!


    

     Agora toca buscar información e investigar sobre a categoría que a cada nivel lle tocou para a exposición conxunta sobre este continente. Este é un exemplo de caderno traballado nas aulas de 2º de Primaria:


América Do Norte by Nazareth

     Finalmente, así quedaría a exposición final de todas as nosas búsquedas e investigacións acompañada dun totem indio. Estámonos superando!!!


     
     Como parte da nosa viaxe vivimos nas aulas de inglés unha das tradicións máis importantes de Norteamérica, o "Thanksgiving". Explicáronlles ao longo da semana do 24 ao 27 de novembro en qué consistía este día de Acción de Gracias, de onde viña a tradición, cal era a comida típica...e rematamos coa realización dun taller artístico coa colaboración das familias onde crearán unha coroa típica desta celebración. Para iso tivemos que recoller mooooitas follas no noso patio!!!






      Tamén, grazas ás profes de inglés, construímos pontes con outros coles. Nesta ocasión puxémonos en contacto co Centro Público Amigos School en Boston e coñecimos o seu día a día: 


     
      
      Ademáis, a mestra Elena, de 5 anos, estivera en Canadá de Piale e trouxonos información de primeira man e, como non, sirope de arce polo que os pequeniños fixeron unhas tortitas mooi ricas!!