Ao longo deste primeiro trimestre, ademais da obriña teatral "Voa, voa, Estrela!" , adaptación do libriño "voa, voa, estrela" que ao mesmo tempo se basea na panxoliña tradicional do mesmo título, que representaron os nenos e nenas de 6º,
tivemos a visita de Caxoto con "Contos vellos, novos finais" onde aborda temas da igualdade de xénero dende os estereotipos presentes nos contos, a coeducación, a igualdade....
En decembro, chega a Burela "Berenguela na gaiola" e, como non, alí fumos ao auditorio da Casa da Cultura para vela. Para nós é moi importante facer partícipe ao noso alumnado deste tipo de propostas e que tod@s teñan as mesmas oportunidades para poder asistir. Trátase dun espectáculo baseado na obra de Manuel María, dirixido por Paula Carballeira, cheo de imaxinación.







%20(3).jpg)


