Non paramos de viaxar!!! O que estamos a aprender con este proxecto sobre o noso planeta, a diversidade, o respecto ás diferenzas, o compromiso co seu coidado.... moitos e moitos lugares descoñecidos e sorprendentes.
Despois das vacacións de Entroido, Libruxa agarda por nós coa quinta convocatoria á axencia de viaxes. Desta vez tennos preparada unha gran sorpresa. Non vai ser tan fácil conseguir unha nova tarxeta de embarque!! Terédesvos que esforzar un pouco para adiviñar o voso novo destino.
-Destino: Asia
-Data de saída: 23 de febreiro
-Data de chegada: 27 de marzo
-Categorías: por niveis
Parece que imos estar máis tempo do previsto en Asia. Hay moito que ver e mooooito que celebrar!!!! Preparádevos!!!!
O caderno xa está listo para ir enchendo coas nosas investigacións:
Logo de festexar o noso Entroido e pasar uns días de descanso, toca estexar o Ano Novo Chino ao longo da semana do 23 ao 26 de febreiro. Ademais de investigar sobre este acontecemento nunha data tan diferente á nosa, realizaremos un taller de farolillos que servirán de decoración nos corredores para ese día. Tamén como é tradición en China, elaboraremos uns sobres dos "bos desexos", que meteremos nas maletas da axencia de viaxe e o día 26 cada alumn@ colle o seu sobre e lerá o bo desexo que lle adica o seu/súa compañeira.
Xa en marzo, mergullámonos nunha tradición doutro país asiático: o "HOLI" hindú (Rangwali Holi), un festival da primavera moi popular no sur de Asia (India e Nepal). Seguindo o calendario hindú, o 4 de marzo celebramos o "holi" vestidos de branco, arredor dunha pequena fogueira onde queimamos os nosos bos e malos desexos, que simboliza a victoria do ben sobre o mal, e finalmente co lanzamento de pós de cores bailaremos nunha explosión de música, cor e bailes.
Nesta ocasión tamén nos acompañaron os profes Mario de música e o profe Jesús que tocaron unhas pezas de música tradicional india.
Para coñecer Asia, sobre todo a India, tivemos a axuda do noso auxiliar de conversa Faraz, que ven de alí e contounos moitísimas cousas a través de varias presentacións sobre a comida, música, paisaxes....Nas aulas de inglés o alumnado fixo coa súa axuda algunhas presentacións:
Aproveitando o paso por Asia, os pequeniños de 5 anos animáronse a facer sushi:
Coa axuda de todas estas actividades puidemos facer unha exposición chulísima:















