Páginas

21 abr 2022

O MUSEO DO CONTO

 



     Dentro duns días celebramos o Día Mundial do Libro e do Dereito do Autor e este é o cartel para conmemorar este 23 de abril de 2022. 

        Acudiuse neste caso ao escritor, editor e traductor, Xosé Ballesteros, que compuxo un pequeno texto orixinal centrándose nunha faceta menos visible do mundo do libro como é a edición, imprenta, librarías...        

Diadolibro2022 a5 Def Azul by Nazareth


      Esta foi a proposta de Libruxa para celebrar no cole este día: O MUSEO DO CONTO



     Agora agardamos que nos enviedes moooooitas fotos e poder crear o noso museo do conto virtual. 


MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA: "A VOLTAS COAS PALABRAS"

   
      Xa se acercan as datas da exposición. Este ano voltará a ser presencial...Por fin!!!! e estamos a reunirnos para ultimar todos os preparativos do proxecto deste curso: " A VOLTAS COAS PALABRAS"

     

           O proxecto que imos levar a cabo ten como obxectivo traballar a oralidade, recuperar a tradición oral de contar historias, contos, lendas, adiviñas, cantigas.... e cada centro poderá adaptadlo ao seu PDI Presentarase un "cadro artístico" que levará incluídos códigos QR que nos redixirán ás diferentes actividades escritas e orais realizadas no centro polas familias. 


           

A Voltas Coas Palabras by Nazareth

  Este será o cartel que acompañará a exposición en Viveiro, realizado por Izan Fra Fernández, alumno de 2º de Bacharelato de Artes no IES Monte Castelo, de Burela: 





4 abr 2022

INTRODUCINDO E-LBE2

 


   É unha plataforma de préstamo dixital de balde. Busca que profesorado e alumnado coñezan de primeira man a lectura dixital e dean conta das posibilidades que ofrece para a mellora da competencia e dos hábitos de lectura entre os máis novos.

            ONDE SE PODE LER?

   - No noso móvil ou tablet, para o que haberá que ter instalada a APP Bega-elbe2.

   - No ordenador personal, a través da Windows App, bega-elbe2, ou descargandoo nun lector de libros electrónicos.

   - Online, dende o navegador.

              PARA EMPEZAR: 

  • Desde a caixa de busca podemos realizar buscas directas por autor, título... ou empregar os filtros rápidos dispoñibles.
  • Unha vez realizada a primeira busca, aparecerán máis opcións de filtrado, onde podemos ver o número de títulos dispoñibles en cada apartado, e seguir filtrando por editorial,  autor, materia, ...
  • Unha vez localizado o título do noso interese, podemos acceder á súa ficha e dispoñer de máis información como o ano de publicación, resumo, ISBN.