Páginas

12 feb 2013

FEBREIRO, MES DO AMOR

E rematado o ENTROIDO imos a dedicarnos de cheo  ao MES DO AMOR pois o desenvolvemento das capacidades afectivas merecen un tempo.
Tamén Amamos con palabras, polo que imos a facer unha declaración de amor ás nosas nais porque  
COMO A MIÑA NAI NINGUNHA. 
Aproveitaremos a data do 8 de marzo no que celebramos o DÍA DA MULLER para entregárllela. Son mulleres que fan historia día a día.

Miña Nai

Luar na Lubre


Miña nai, miña naiciña
Como a miña nai ningunha
Que me quentou a cariña
Co calorciño da súa.
Co calorciño da súa
Ai la le lo ai la la la.


11 feb 2013

DÍA DE ROSALÍA e



O día 24 conmemórase 150 anos de CANTARES GALLEGOS de ROSALÍA DE CASTRO polo que LIBRUXA súmase á actividade proposta pola AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) no recitado de poemas da citada obra.
Todos aqueles alumnos que queiran ler unha poesía deberán de anotarse na biblioteca antes do mércores día 20 de febreiro. O recital terá lugar o venres día 22 na hora do recreo.

 Acceda aquí ao texto íntegro de Cantares Gallegos.

Aquí aprenderás cousas dos anos nos que escribiu Rosalía

Neste enlace accedes a un magnífico traballo da biblioteca do Ceip Andrade . Non deixes de miralo.

CONTÉSTANOS FINA CASALDEREY!

Todas as nenas e os nenos de 4º estamos moi orgullosos pola contestación de Fina Casalderrey aos nosos parabéns con motivo do seu ingreso na RAG. Só unha excelente escritora pode dicir tantas cousas e tan bonitas con tan poucas palabras.