Páginas

4 mar 2018

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA


   Esta semana celébrase na escola a Semana da Prensa, que aparece no calendario escolar de Galicia dende o 1989 con intención de integrar os medios de comunicación na aula e de que, polo menos, uns días se traballe co xornal na aula.

   Libruxa envioulles aos nen@s unha carta cunha nova proposta:

   Semana Da Prensa by Nazareth on Scribd

   Deste xeito, intentaremos aproveitar esta vindeira semana para achegarnos un ano máis á prensa, ben na clase, na biblioteca ou na aula TIC, xa que Libruxa como resultado final de toda a semana proponnos unha actividade baixo o lema: 

             "TAL DÍA COMA HOXE FAI.....ANOS"

   Remóntate ao ano que queiras. Busca unha noticia cun acontecemento ou suceso que capte o teu interese, que che pareza curiosa ou interesante. Analiza a noticia na clase/biblioteca e, finalmente, convértete nun/ha reporteiro/a e informa sobre os feitos reescribindo a noticia. 

   Para levar a cabo esta proposta, o equipo de biblioteca elaborou un documento que vos presenta en PDF para que poidades descargalo e usalo como traballo previo. Neste documento tamén aparece explicada esta actividade final con plantillas para que poidades usalas na presentación da mesma. 


   Semana Prensa by Nazareth on Scribd

   Asimesmo, tamén se poden empregar os seguintes recursos: 


   PÁXINAS DE XORNAIS:















  RECURSOS DE AULA: 






                                            PEQUES PERIODISTAS ( Web para Educación Infantil)




   UNIDAD DIDÁCTICA "LA PRENSA INFANTIL" (Slideshare)


    Libruxa espera que vos divirtades moito esta semana traballando cos xornais e revistas que chegarán ao noso centro e que estarán á vosa disposición nas clases e na biblioteca e, por suposto,  aprendades moitas cousas sobre o fascinante mundo do periodismo.
        Espera impaciente a creación das vosas noticias.




  Para motivarnos aínda máis, os nen@s de 3º, 4º 5º e 6º tiveron unha visita especial: a periodista de La Voz de Galicia (redacción de Viveiro), María Cuadrado, e que moi amablemente fixo un oco na súa axenda para pasar unha mañá con nós. Con ela, tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man como é a profesión dun periodista, como funciona un periódico, como elixen as noticias...e todas aquelas preguntas que se lles foron ocorrendo durante a charla:















   Ademáis tamén recollemos algúns momentos de traballo coa prensa na aula ao longo desta semana:









ROSA E TRUFO, UNHA HISTORIA DE AMOR



    Algunhas das alumnas de 6ª, voluntarias da biblioteca, propuxéronlle ao equipo de biblio preparar algún tipo de animación lectora para os nen@s de infantil. Nós, por suposto, encantadas coa súa idea. Seguro que os peques tamén. 
    Como era tempo de amor, decidimos escoller un dos libros do expositor temático "Lecturas con moito corazón". O elexido foi un conto con dúas historias dentro: "Rosa y Trufo, una historia de amor".  

     O libro ten como protagonista a unha porquiña, Rosa, e un xabalí, Trufo. Está narrado dende dúas perspectivas, a de Rosa e a de Trufo, dependendo si empezas o libro polo dereito ou polo revés, porque en todas as historias sempre hai dúas versións, e máis aínda cando os amig@s e os pais andan metidos polo medio. O lector elixe que parte quere coñecer primeiro. 
     
     A Rosa encántalle estar baixo unha maceira e soñar co amor. Trufo soña coa felicidade. Un día coinciden e fanse "tilín". Pero cando corren emocionados a contarllo aos seus amig@s, a cousa comprícase.  Influenciados polos seus consellos, cambian os seus hábitos nun intento de gustarlle máis ao outro. Até que os dous acaban sufrindo. 

      Trátase dunha historia con moralexa sobre as influencias e as apariencias nas nosas relacións cos demáis. Conseguirán Rosa e Trufo arranxar a súa situación?

       
      Con toda a ilusión e motivación, e nós axudando no que podemos...Como decidimos facer esta animación? Pois xa que estamos co PDI sobre o teatro, a través dunha pequena obriña de títeres de man que fixemos nós mesmos, polo que transformamos a historia nunha peza dramatizada sinxela e divertida. Tamén prepararon un biombo a modo de escenario con tres ventanas ben diferenciadas: unha para a historia de Rosa, outra para a de Trufo e unha central que une as dúas historias. Finalmente, elaboraron o cartel publicitario.

        Todo listo para ensaiar e a representación final. 












  Ademáis, ao longo do mes de febreiro, nas aulas traballouse o tema do amor e a amizade a través das lecturas do expositor temático "Lecturas con Corazón" e elaboráronse algúns murais con mensaxes moi amorosos:







       





DE NOVO TEATRO

   Seguindo na liña do noso PDI, como o curso anterior, aproveitamos as actuacións na Casa da Cultura do Concello para levar ao noso alumnado, neste caso, aos máis peques do cole: Infantil e 1º e 2º de Primaria. 
 
    A proposta foi unha adaptación teatral dun conto que lles encanta aos nen@s, "O coelliño Branco", baixo o título de "El pequeño conejo blanco"

     


  Estas son algunhas das imaxes dese día durante a actuación da mesma: