Para entender a diversidade hai que poñerse á mesma altura que o que tes diante, coñecelo de cerca e sen etiquetas. O problema está cando miramos aos demais de lonxe e só vemos o máis superficial.
A semana do 1 ao 5 de decembro Libruxa propuxónos converternos en "detectives de barreiras", poñer ao alumnado no "lugar do outro" e que tomen conciencia das dificultades que deben superar cada día.
Coa colaboración do Departamente de Orientación, exploraremos e analizaremos as necesidades e barreiras que poden atopar @s nen@s que conviven cada día, que se pode facer por evitalas. Deste xeito podemos ofrecer a todo o alumnado a oportunidade de entender a importancia da normalización das "diversas capacidades".
O resultado foi a recompilación das súas ideas nun libriño que logo foi viaxando de aula en aula
Como ven sendo habitual nos últimos proxectos de centro, propoñemos algunha actividade en colaboración coa Asociación "Eu Son". Este ano será unha colaboración moi especial e bonita xa que se prolongará ao longo de todo o curso e axudaránnos a coidar o noso invernadoiro con charlas, consellos, talleres, cultivos, e mans na terra e a labrar!!!!
