Páginas

25 oct 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES




O 24 de outubro, coma todos os cursos, celebramos o día internacional das Bibliotecas Escolares. Para este ano propuxemos presentar o cartel que este ano está ilustrado por Xosé Tomás, baixo o lema de "Aprender a pensar coa biblioteca escolar". A ilustración é moi suxerente e por iso a Libruxa lle gustaría que os nenos e nenas fosen ao longo desta semana á biblioteca e "pensasen" que lles suxire o cartel, debatesen e falasen sobre a importancia da biblioteca na súa aprendizaxe, sobre o que fan na biblioteca, o que lles gusta ler... 



   Do mesmo xeito, todas as aulas prepararon un "buzón de libruxa" para presentarlles aos nenos e nenas neste día e que colocarán na porta de cada clase. Así, cada vez que Libruxa queira contarlles algo, prepararlles unha actividade, ou suxerirlles algunha lectura, escribiralles unha carta que lerán na clase.




   E xa lles deixou a benvida:


   Ola a todos by Nazareth on Scribd



   E así é, a biblioteca comeza a estar aberta no tempo de lecer coa axuda dos nosos colaboradores voluntarios de 6º nivel e as profes que faremos garda xunto con eles para axudarlles un pouquiño nas dúbidas que teñan. Aproveitaremos para facer con eles algunha sesión de formación de usuarios para que podan usar o programa Meiga, saiban cómo colocar os libros nos andeis correspondentes e así axudar aos nen@s que veñan preguntar por algún libro que desexen levar. Libruxa xa informou a todo o centro:

   Carta Voluntarios by Nazareth on Scribd


        E estas son as quendas dos voluntarios, das profes e dos días que pode vir cada nivel á biblioteca para elexir os seus libros de lectura:


   Volunt a Rios by Nazareth on Scribd




   Ademáis Libruxa propónlle ao alumnado que suxira lecturas para colaborar na actualización do noso fondo de libros, tanto de consulta como de ficción, así como a parte adicada á música ou a aqueles libros de realidade aumentada, que foron bastante solicitados.








  

3 oct 2017

BENVIDOS DE NOVO!!!!




















     Un novo curso Libruxa volve a abrir as portas da nosa biblioteca. Xa rematou o verán e, como todos nós, recargou pilas e volve con moitas ganas de propoñervos actividades novas e lecturas moi interesantes e cheas de fantasía e emocións. Ao longo destes meses que compartiremos con ela espera traer moitas novidades e propostas que vos fagan disfrutar coa lectura cada día un pouco máis.

     Libruxa xa ten listas as mochilas viaxeiras para que veñades á biblioteca cos vosos titores/as a buscalas e así empecen a súa viaxe polas distintas familias de cada clase.


       
       Este curso tamén está buscando colaboradores no alumnado de 5º e 6º para axudar a ordear os libros, facer o préstamo aos compañeiros, aportar suxerencias...xa que lle gustaría abrir a biblio durante o tempo de lecer e necesita mooooita axuda.  

         O 24 de outubro xa se celebra tamén o día das Bibliotecas Escolares  baixo o lema "Aprender a pensar coa Biblioteca Escolar". 


       Aproveitaremos ese día para ir cos nosos nenos e nenas á biblioteca, ensinarlles o cartel e escoitar o que este lles suxire e lles transmite: unha biblioteca escolar vista como unha oportunidade única para axudarlles a desenvolver o seu pensamento crítico, aprender a pensar a través dos contos, da poesía, do teatro, da música, das lecturas de divulgación científica, a través das investigacións, a través do diálogo e das actividades alí compartidas. 
           Libruxa agarda deste xeito que disfrutedes coas súas lecturas e que a súa biblioteca se convirta nun espazo agradable para aprender, investigar e ler. 
     
      

   

11 jun 2017

SEMANA DAS ARTES PLÁTICAS DA MARIÑA

    Rematamos xa o noso traballo deste curso para a exposición das artes plásticas da Mariña, que se inaugurou o venres pasado e que podedes visitar na Casa da Cultura do Concello.
    Este ano estivemos traballando con caixas de cartón e material de refugallo. Este foi o resultado:




                            







REMATAMOS O CURSO GRAFFITEANDO

Costounos arrancar, pero parece que lle fumos collendo o gusto a isto de graffitear. Xa estamos rematando o curso e así vai quedando o noso "muro literario" por este ano.

Recordade que empezamos así




e estamos rematando deste xeito. Noraboa aos titores/as e a todos os nen@s que fixestes posible que o noso cole fose collendo un pouco de cor.









25 may 2017

E SEGUIMOS DE TEATRO

Este venres 26 de maio imos todo o cole á Casa da Cultura do Concello para ver unha representación teatral dunha adaptación da obra "Alicia en el País de la Maravillas", a cargo de Saga Producciones. 

Alicia

  Ademáis de ver fai dúas semanas outra adaptación da mesma obra de Lewis Carroll, durante estes días estivemos lendo na biblioteca diferentes versións adaptadas para público infantil de Alicia . Así coñecen ao coello branco e a súa madrigueira, o gato de Cheshire, a lebre de marzo, o Sombrerero, a raíña de corazóns, a eiruga xigante e moitos máis personaxes que aparecen nesta fantátisca aventura.
















20 may 2017

E SEGUIMOS GRAFFITEANDO


  Así vai o noso muro literario coas imaxes dos autores deste ano, Gloria Fuertes e Carlos Casares.



   Na semana das Letras Galegas xa vai tomando color. Os titores e os nenos vanse animando ainda que estes días o tempo non acompaña moito. Ao longo desta semana foron algunhas das clases de 3 anos de infantil, 1º e 2º de primaria.







NOVAMENTE TEATRO: "A MARABILLOSA MENTE DE ALICIA"

   Como parte fundamental do noso proxecto sobre o teatro, seguimos amosando aos nenos e nenas do cole o mundo teatral a través de diversas representacións programadas para este mes de maio. Así imos entrando en materia de cara ás nosas propias produccións para o curso que ven.
   Así, o pasado martes 16 de maio o alumnado de primaria dos coles de Burela, o CEIP Vista Alegre e o CEIP Virxe do Carmen, fumos á Casa da Cultura do Concello para ver, unha vez máis, unha representación teatral a cargo da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña, dirixidos pola monitora de teatro, Alba Rubal. 
   Con iniciativas deste tipo tentamos amosar o noso apoio e participar na campaña de sensibilización sobre a saúde mental e loitar contra o estigma asociado ás enfermidades mentais, tal e como sinalou no seu discurso de presentación a directora María José Novoa, tratando de amosar a faciana máis normalizadora e integradora das persoas con enfermidades mentais.
   Representan a obra "a marabillosa mente de Alicia", unha adaptación teatral da obra literaria "Alicia en el país de las maravillas", onde unha nena entra nun mundo subterráneo de increíbles aventuras e personaxes extravagantes. Tanto os decorados como o vestiario, así como a escenografía e construcción das personaxes foi un traballo colaborativo dos usuarios desta asociación.

     Foi unha obra moi divertida, chea de maxia e personaxes sorprendentes, na que os nenos pasaron unha mañá moi entretida. 


     

LETRAS GALEGAS: PADRIÑOS E MADRIÑAS

    Un ano máis levamos a cabo unha actividade que lles encanta os nenos e nenas do cole, sobre todo aos máis pequenos porque ven como os maiores están facéndolles compaña, e o máis importante, léndolles un libro. Cada alumno/a de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria apadriña a un neno/a máis pequeno/a (3 anos, 4 anos, 5 anos, 1º ou 2º de Primaria) para contarlle un conto no patio ou nas distintas zonas verdes do cole.
   O pasado luns  día 15 celebramos de forma anticipada o día das Letras Galegas con esta actividale xa que ao día seguinte o alumnado de 5º e 6º marchaban para Bélxica. Os padriños e madriñas foron buscar aos seus afillados/as ás aulas, que os esperaban todos ilusionados, e leváronos ao patio para lerlles o conto que a semana anterior foran elexir á biblioteca e prepararon para eles.
   Ademais, padriños, madriñas e afillados/as intercambiaron un agasallo moi especial: un marcapáxinas feito por eles mesmos.



Daba gusto ver todo a pista e as zonas verdes cheas de nenos e nenas léndolle aos máis pequenos/as.   Aquí vos deixamos un vídeo con algunhas fotos que sacamos ese día.