Páginas

25 oct 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES




O 24 de outubro, coma todos os cursos, celebramos o día internacional das Bibliotecas Escolares. Para este ano propuxemos presentar o cartel que este ano está ilustrado por Xosé Tomás, baixo o lema de "Aprender a pensar coa biblioteca escolar". A ilustración é moi suxerente e por iso a Libruxa lle gustaría que os nenos e nenas fosen ao longo desta semana á biblioteca e "pensasen" que lles suxire o cartel, debatesen e falasen sobre a importancia da biblioteca na súa aprendizaxe, sobre o que fan na biblioteca, o que lles gusta ler... 



   Do mesmo xeito, todas as aulas prepararon un "buzón de libruxa" para presentarlles aos nenos e nenas neste día e que colocarán na porta de cada clase. Así, cada vez que Libruxa queira contarlles algo, prepararlles unha actividade, ou suxerirlles algunha lectura, escribiralles unha carta que lerán na clase.




   E xa lles deixou a benvida:


   Ola a todos by Nazareth on Scribd



   E así é, a biblioteca comeza a estar aberta no tempo de lecer coa axuda dos nosos colaboradores voluntarios de 6º nivel e as profes que faremos garda xunto con eles para axudarlles un pouquiño nas dúbidas que teñan. Aproveitaremos para facer con eles algunha sesión de formación de usuarios para que podan usar o programa Meiga, saiban cómo colocar os libros nos andeis correspondentes e así axudar aos nen@s que veñan preguntar por algún libro que desexen levar. Libruxa xa informou a todo o centro:

   Carta Voluntarios by Nazareth on Scribd


        E estas son as quendas dos voluntarios, das profes e dos días que pode vir cada nivel á biblioteca para elexir os seus libros de lectura:


   Volunt a Rios by Nazareth on Scribd




   Ademáis Libruxa propónlle ao alumnado que suxira lecturas para colaborar na actualización do noso fondo de libros, tanto de consulta como de ficción, así como a parte adicada á música ou a aqueles libros de realidade aumentada, que foron bastante solicitados.