Páginas

7 nov 2012

INVESTIGAMOS SOBRE O SAMAÍN



As nenas e nenos de 4º curso estiveron investigando sobre a festa do SAMAÍN e coa información recollida elaboraron uns dípticos que lles quedaron moi ben.
Para velos preme no enlace que te levará ao blogue do seu ciclo onde os teñen publicados.






27 oct 2012

COMEZA A VIAXE DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Este venres sairon da biblioteca de LIBRUXA once Mochilas Viaxeiras cargadas de boas lecturas e música para que todas as familias que o solicitaron poidan disfrutar, gozar e compartir cos seus fillos e fillas todo aquilo que nos aportan os libros.


Un libro sempre é unha oportunidade para a sorpresa e para o encontro.

7 oct 2012

XA ESTAMOS NO OUTONO

A pesares deste maravilloso tempo solleiro, estamos no outono e para ir mentalizándonos LIBRUXA atopou na biblio de san Tomé de Cambados esta presentación de poesías que seguro vos gustará.




E como tamén estamos en tempo de castañas e magostos, desde o Ceip Víctor Saenz comparten unha recopilación de recursos nos que atoparás refráns, cancións, lendas, receitas e actividades moi variadas. Preme na imaxe.

2 oct 2012

ACHÉGASE O SAMAÍN



O equipo de NDL en colaboración co da biblioteca preparou unhas actividades para celebrar o SAMAÍN. Trátase de que coñezades mellor o que significa esta festa.

Para Infantil e 1º ciclo de Primaria hai una unidade didáctica que podedes recoller na biblioteca. 
 Para 2º e 3º ciclo de Primaria teredes que presentar un díptico  que conteña un texto coa seguinte información:

  •    Cal é a orixe do Samaín
  •    Dende cando se celebra
  •    Que día se celebra
  •    Como se celebra no colexio

O díptico terá una portada que decoraredes ao voso gusto, no interior escribiredes a información pedida con debuxos alusivos e  na contraportada inventaredes un conxuro, por exemplo:


“Sapos, ratos e pedras,

Corvos, píntegas e meigas,  
Raios, tronos e tebras!


Botade fóra as culebras”.



( o conxuro é unha frase rimada na que se pide un desexo)



 O día da festa cada clase lerá un conxuro que previamente escolleu e celebrarémolo elaborando e degustando un menú noxento e terrorífico.


Este traballo farédelo en grupos de 3 persoas e podedes presentalo en formato dixital ou en papel. Deberá estar feito para o día 24 de outubro.

Recursos 

Padrón do Díptico (só para soporte dixital)
Nesta actividade Lim atoparedes exemplos de conxuros feitos por nenos

Premendo nesta imaxe atoparás abundante información do Samaín que nos facilita o Ceip Víctor Saenz



OUTUBRO, MES DA BIBLIOTECA

Este mes de outubro no que estamos reencontrándonos coa nosa biblioteca, imos dedicarllo ao seu personaxe principal, a LIBRUXA
Entón propoñemosvos estas actividades:

Infantil: facer un retrato de Libruxa coa técnica que queirades
1º ciclo de Primaria: facer un retrato de Libruxa e escribirlle unha dedicatoria
2º e 3º ciclo de Primaria: escribir a biografía de Libruxa. Contade moitos detalles, sede orixinais e coidadosos na presentación.

Con todos os traballos decoraremos a biblio durante este mes.
LIBRUXA ten preparado un agasallo para todos os nenos e as nenas que faigan este traballo.

24 sept 2012

COMEZA O NOVO CURSO

Aquí estamos de novo. Temos un montón de propostas que de seguro vos van gustar. Moi pronto teredes noticias de LIBRUXA coas primeiras actividades que vos vai propoñer.
 
Hoxe presentámosvos o cartaz que nos recorda a celebración do mes das bibliotecas escolares co lema " BIBLIOTECA ESCOLAR, ACELERADOR DE INNOVACIÓN". E está claro que unha biblioteca activa axuda a construir coñecemento e pon a andar prácticas pedagóxicas máis activas e dinámicas de traballo diferentes.
Preme na imaxe para acceder á páxina de Bibliotecas escolares onde atoparás máis información.

10 jul 2012

ACTIVIDADES PARA O VERÁN

Seguro que estades a disfrutar de todas esas cousas pensadas para o verán: pasear, viaxar, soñar, vivir as aventuras dos libros, e tamén esperar que veña o sol para irmos á praia que parece estar un pouco perezoso. 
Se che apetece indagar e aprender preme aquí e atoparás moitas actividades que prepararon na biblioteca O lar de Frianciño (Teis) e xenerosamente comparten con nos.
LIBRUXA DESÉXAVOS MOI BOAS VACACIÓNS!!!

LER NON É CLANDESTINO

Dende Forcarei chega este video para Fomento da Lectura, presentando a lectura como un valor.
 Agradecemos  aos seus autores, Gracia e Anxo, todas as súas aportacións pois o seu blog TRAFEGANDO RONSEIS é un dos nosos referentes.
DISFRUTADE CON EL!!

VISTALEGRIN dixital 2012


Coma cada ano por estas datas o alumnado do colexio quere dar a coñecer a toda a comunidade educativa as experiencias, visitas, celebracións, traballos. saídas, ... que aconteceron ao longo deste curso que acaba de rematar. A diferencia de edicións anteriores estrenamos formato dixital que mediante a súa publicación na Web do Centro e máis no Blog de LIBRUXA esperemos chegue a un maior número de lectores. Celebramos esta 1ª edición dixital pola mellora na calidade e na estética do documento.   Esperemos sexa o punto de partida de vindeiras edicións dixitais do VISTALEGRIN.
Esta nova edición permite ademáis de ver a revista a pantalla completa, descargala no ordenador ou imprimila.