Este mes de outubro no que estamos reencontrándonos coa nosa biblioteca, imos dedicarllo ao seu personaxe principal, a LIBRUXA.
Entón propoñemosvos estas actividades:
Infantil: facer un retrato de Libruxa coa técnica que queirades
1º ciclo de Primaria: facer un retrato de Libruxa e escribirlle unha dedicatoria
2º e 3º ciclo de Primaria: escribir a biografía de Libruxa. Contade moitos detalles, sede orixinais e coidadosos na presentación.
Con todos os traballos decoraremos a biblio durante este mes.
LIBRUXA ten preparado un agasallo para todos os nenos e as nenas que faigan este traballo.