O equipo de NDL en
colaboración co da biblioteca preparou unhas actividades para celebrar o SAMAÍN. Trátase de que
coñezades mellor o que significa esta festa.
Para Infantil e 1º ciclo de
Primaria hai una unidade didáctica que podedes recoller na biblioteca.
Para 2º
e 3º ciclo de Primaria teredes que presentar un díptico que conteña un texto coa seguinte
información:
- Cal é a orixe do Samaín
- Dende cando se celebra
- Que día se celebra
- Como se celebra no colexio
O díptico terá una portada
que decoraredes ao voso gusto, no interior escribiredes a información pedida
con debuxos alusivos e na contraportada inventaredes
un conxuro, por exemplo:
“Sapos, ratos e pedras,
Corvos, píntegas e
meigas,
Raios, tronos e tebras!
Raios, tronos e tebras!
Botade fóra as culebras”.
( o conxuro é unha
frase rimada na que se pide un desexo)
O día da festa cada clase lerá un conxuro que
previamente escolleu e celebrarémolo elaborando e degustando un menú noxento e
terrorífico.
Este traballo farédelo en
grupos de 3 persoas e podedes presentalo en formato dixital ou en papel. Deberá
estar feito para o día 24 de outubro.
Recursos
Padrón do Díptico
(só para soporte dixital)
Nesta actividade Lim atoparedes
exemplos de conxuros feitos por nenos