Foi unha xornada moi divertida e intensa no patio do noso cole, coa organización da ANPA e de Xogando nas Nubes.
A través de xogos como a corda, a mariola, os zancos, o aro...lembramos e xogamos os maiores cos nen@s. Son xogos que van pasando de xeración en xeración e nunca caen no olvido por moito tempo que pase.
Grazas por organizar e compartir esta xornada con nós. É moi importante promover na infancia e na xuventude o respecto e crear valores cara ás persoas de calquera idade.