O día 10 de novembro celébrase o Día Internacional da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, dende o ano 2001 e baixo a premisa de que a ciencia ten que afrontar un papel decisivo no desenvolvemento sostible do noso planeta e daqueles que vivimos nel. Debemos ser conscientes de cómo a ciencia e os diferentes avances científicos poden axudar a mellorar o medioambiente, a erradicación da pobreza e a mellorar a nosa sociedade nos vindeiros anos.
Dende o noso cole decidimos ampliar este día a todo o curso e ir programando nos diferentes niveis varios experimentos coa auga como protagonista. Iremos colgando aquí as actividades e vídeos que se vaian publicando nas diferentes canles do cole.
Os máis pequeniños comezaron experimentando coas cores: