Páginas

17 may 2023

FEBREIRO, MES DO AMOR


       Neste mes, apostamos por dúas actividades en relación a este tema: 

- TALLER DE CREACIÓN: Unha delas está directamente relacionada co proxecto da auga, xa que lles propuxemos ao alumnado dos diferentes niveis que diseñaran un LOGO a favor do coidado e importancia da auga para nós e a vida no planeta. 

   Ademáis, escolleríase un deles para ser a portada da nosa revista "Vistalegrín" a final de curso. Estes foron os finalistas de todos os que se entregaron: 


 -  TALLER DE ESCRITURA CREATIVA- ABRE O TEU CORAZÓN: Para conmemorar o 14 de febreiro, o alumnado do cole elaborou unha pequena tarxeta corazón (plantilla) na que incluíron debuxos, palabras, pequenos textiños.....de amor e amizade polos seus compañeir@s. Logo habilitouse un espazo na subida das escaleiras para ir colgando as tarxetas. Ese día, cada nen@ foi collendo a cegas unha das tarxetas para levar para a súa casa.