Chegou un momento especial para os nos@s nen@s, pero de moito traballo nas aulas. O Entroido é tempo de disfraces, de troula...pero tamén de degustar filloas, rosquillas, orellas, buñuelos....Xa se vai facendo a boca auga. Pero aínda queda o máis difícil: DISEÑAR O DISFRAZ!!!!
Este ano tocounos ser SUPERHEROES-SUPERHEROÍNAS POLO MEDIOAMBIENTE. Cada aula foi relacionando o seu disfraz co diseño da súa porta, animal ou pranta. O primeiro paso era pensar nun nome e diseñar un logo para a parte de diante:
Logo tamén contamos coa axuda das familias para recortar algún elemento do disfraz, sobre todo nos niveis máis baixos. Procuramos empregar materiais de refugallo e respetuosos co medioambiente.
O 17 de febreiro, levouse a cabo un desfile no pavillón ao que convidamos tamén ás familias de todo o alumnado. Logo bailamos ao son de diversas cancións comprometidas co coidado do planeta.
Aquí vos deixamos o resumo do desfile:
Tamén as diferentes publicacións nas redes sociais:
Tamén en instagram: