Páginas

27 may 2023

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 


       O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, e nós celebramos as nosas festas patronais no pobo. Quixemos conmemorar ambas cousas a través do arte efímero das alfombras florais  e colaborar coa asociación encargada da súa organización.

     Este ano as alfombras están adicadas á INTERCULTURALIDADE e ás diferentes nacionalidades que hai en Burela. Que mellor xeito de facer consciente ao noso alumnado desta variedade étnica, racial e cultural, que tamén ven no propio cole, que participar elaborando un cachiño de alfombra coas diferentes bandeiras de todas esas nacionalidades.

    Así quedou a distribución das clases para comezar coa elaboración a última semana de maio. Para iso tamén pedimos a colaboración das familias aportando diversas flores, verde, elementos da natureza....

       


    Do mesmo xeito, aproveitamos que o concello veu cortar ciprés ao noso cole para que nos deixara un pouco e así poder nós colaborar "cortando no verde", como decimos por aquí. Pasárono xenial no medio das ramas elexindo as follas verdes, cortando, barrendo, colocando nas caixas....


    Xa vos iremos amosando como van saíndo as nosas bandeiras efímeras!!!

    Imos tendo xa algunhas mostras....

     






    
    O día 1 de xuño, o alumnado de 5º de Primaria compartiu unha xornada cos seus compañeir@s do CEIP Virxe do Carme e, en colaboración con medio ambiente, do Concello de Burela, limparon unha praia da contorna, enchendo varios sacos de lixo. Unha fermosa xornada de limpeza e convivencia.