Camiñamos todos cara a igualdade facendo visible ao noso alumnado o relevante papel dalgunhas mulleres galegas ou da Mariña Lucense.
Para iso Libruxa propuxo que cada aula escollese unha muller relevante en calquera ámbito e realizase unha pequena investigación sobre a mesma. Con toda a información recollida elaboraría un póster coa súa imaxe, o seu nome e o seu papel relevante na sociedade de agora ou de antes.
Entregouse modelo de plantilla para traballar na aula:
Finalmente, con todos os carteis creamos nas entradas dos edificios os murais.
Aproveitamos tamén esta actividade para propoñer unha actividade interniveis; así, o alumnado foi contando aos seus compañeiros e compañeiras doutros niveis a vida e logros da muller que investigaron na clase. Aquí vos deixamos algúnhas fotos deses momentos:
Esta actividade tamén quedou recollida nas nosas redes sociais:
Ademáis, fixemos varias copias dos carteis que logo se repartiron por diferentes establecementos de Burela. Compartimos nas redes tamén os murais e a imaxes dos establecementos cos diferentes pósters que lles fumos entregando. Grazas por axudarnos a visibilizar o traballo dos nos@s peques ao resto da comunidade educativa. Encantoulles ver "as súas mulleres" colocadas nos escaparates dos comercios aos que ían comprar: