Páginas

20 may 2023

22 de marzo: DÍA MUNDIAL DA AUGA


 

   Cada gota conta. Eso sabémolo moi ben no cole, despois de levar xa case tres anos con proxectos sobre o coidado do noso planeta, dos ecosistemas, terrestres e mariños, da reciclaxe, das enerxías....

   Por iso, preparamos conxuntanmente co resto de equipos do cole unha actividade simbólica para conciencias aos peques da importancia do consumo responsable da auga. Colocáronse nos baños do cole varias botellas con auga e estableceuse para este día a prohibición de abrir as billas, nin alumnado nin profesorado. Deste xeito, @s nen@s tiveron que empregar a auga das botellas para lavar as mans, as froitas, pinceis...e ir rexistrando cada vez qeu s acababa a auga dunha das botellas. Cada clase tiña unha plantilla para ir coloreando as botellas.  



   Ademáis, fixeron tamén un rexistro por aula do número de veces que se tirou da cisterna, empregando tamén unha folla de rexistro na que debía ir marcando no cadrado cada vez volvían do baño. 

  Finalmente, cos datos obtidos fíxose un cálculo aproximado a nivel de centro da cantidade de auga que se gastaba por xornada en cada aula. A finalidade desta actividade foi concienciar aos nen@s da importancia de non malgastar un ben tan prezado como é a auga. 

  








     Ao longo desta semana da auga, tamén tivemos algunha visita, como a da concelleira de Medio Ambiente que repartiu exemplares do libro "En Burela amamos a auga", e se propuxo a realización de experimentos nas aula empregando, como non, a auga como protagonista, coa axuda das monitoras de GAIA nalgúns cursos. 
    





 

  O alumnado de 1º de Primaria investigou sobre as características da auga: 








  Este ano tocoulle ao alumnado de 3º de E. Primaria limpar a praia do Perdouro, preto do noso cole, tamén como parte do noso PDI de centro, para conciencialos da problemática do lixo no mar, sobre todo o plástico: 





    Dende as aulas de 1º de EP quixemos contar coa colaboración das familias e volver á nosa tradición oral e recordar a nosa cultura popular a través da recompilación de refráns e adiviñas que tivesen a auga ou algúns dos seus elementos como protagonistas. Para iso lles enviamos unhas plantillas onde escribir e ilustrar aqueles que escollesen para despois crear un libro para a biblio que rulase polo cole: 







   O alumnado de 5º de Primaria, coa axuda das familias, ao longo do 2º trimestre elaboraron diversas maquetas dentro do proxecto relacionadas coas fontes de enerxía renovables. IMPRESIONANTE!!!!!