Páginas

17 may 2023

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA: AGARIMOPINGAS

      A semana do 20 de novembro celébrase o Día Universal da Infancia dende 1959, cando foi aprobada a Declaración dos Dereitos dos Nenos e Nenas pola ONU. 

     Como cada ano, o noso cole tamén se quixo sumar a esta conmemoración coa elaboración dunhas AGARIMOPINGAS moi especiais. Esta vez tocoulle ao alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria crear unha pinga de cartulina e plasmar en cada unha delas un dereito da infancia, relacionando este día co proxecto da auga que estamos a desenvolver no centro. Logo, cada nivel elaborará unha nube coas súas gotas que colgaremos no hall do edificio 2 nun acto simbólico. Finalmente, algúns nenos e nenas leron os dereitos plasmados nas pingas e compartíronnos cos seus compañeir@s.