Como ven sabedes, a Real Academia Galega adícalle este ano as Letras Galegas ao escritor e intelectual Francisco Fernández del Riego, loitador cultural incansable e comprometido coa lingua e a literatura galegas.
Aquí vos deixamos uns vídeos que ofrece a RAG para coñecer un pouquiño mellor a este intelectual nacido en Lourenzá:
Dende o cole, quixemos homenaxear non só a figura de Fernández del Riego, se non tamén recordar as figuras de diferentes escritores e escritoras aos que en anos anteriores se lles adicou tamén o día das Letras Galegas.
O alumnado de 5º de Primaria foi atopando pistas no seu patio sobre un personaxe galego moi especial que despois foi compartindo con nós. Sabedes de quen se trata?
Pouco a pouco fumos creando un mural no que deixamos os nosos "sorbos literarios" con fragmentos das obras do autor/a que eleximos para investigar na clase e así, ao longo destes días iremos lendo aqueles sorbos que o resto do alumnado foi escollendo.
Estes son os autores que eleximos nas diferentes aulas:
Podedes escanear este código QR para ver o reel que se publicou o 17 de maio nas redes sociais:
Ademáis desta actividade que fumos preparando nas aulas ao longo deste mes, non podían faltar os PADRIÑOS E MADRIÑAS. Os máis maiores están desexando compartir lecturas cos máis pequenos e Libruxa xa ten as parellas de lectura preparadas para repartir.
Como o alumnado de 6º de Primaria se atopaba en Bélxica na semana das letras, tivemos que postpoñer estas actividades para a semana do 22 ao 26 de maio.
Tamén quedou recollido nas nosas redes sociais:
Como foi posposto polo mal tempo, o día 30 de maio fumos co grupo de 1º de Primaria ao Correlingua 2023 en Lourenzá, terra de Fernández del Riego.