Páginas

20 may 2023

MES DO LIBRO: LECTURAS EN FAMILIA


 

    Con Abril, mes do libro, comezan as actividades programadas para o 3º trimestre e así llas entregamos aos nosos compañeiros e compañeiras: 



     Para ir preparando o mes do libro, Libruxa contou cuns voluntarios moi especiais: o alumnado de 5º de Primaria que explicaron moi ben a proposta para realizar en familia: 




   Como vedes, para celebrar este mes levouse a cabo a creación dun pequeno libriño que de forma voluntaria tiñan que cubrir en familia co seu libro favorito: título, debuxo da portada, información máis destacada e os motivos polos que lles gustaba ese libro. Ademáis tiñan que incluír na contraportada unha foto da lectura en familia. Todas estas pequenas recomendacións lectoras iríanse colgando ao longo da volta de vacacións na biblioteca e así cando o noso alumnado visitase a biblioteca puidese ir vendo que libros recomendaban os seus compañeiros. 

    





     Ademáis, quixemos contar tamén coas familias para vir ao cole e compartir con nós e @s nen@s as súas lecturas favoritas. Era a primeira vez que facíamos unha actividade así, e a verdade é que tivo moi boa acollida, sobre todo nas familias de E. Infantil e 1º Ciclo. Esperemos que para o curso que ven, se animen máis as familias do alumnado "máis maior". 

     A biblioteca xa estaba preparada para recibilas: 



  e pouco a pouco ao longo de todo o mes tivemos animacións lectoras moi concurridas e animadas: 










    Todas estas visitas "moi familiares" fóronse recollendo en pequenas "stories" de Instagram para compartilas día a día co resto da comunidade educativa. 


    
     Ademáis, o alumnado de infantil recibiu a visita do Grupo de Participación Adolescente do Concello de Burela. Estiveron encantados co contacontos de "Oso Atrapabolboretas" e os talleres que fixeron para complementar a actividade. Moitas grazas!!!!!







    Así apareceu nas nosas redes: 




  
 Tamén contamos de novo para conmemorar este mes do libro cunha actividade intercentros, xa que un grupo de alumnado de 1º da ESO do IES Monte Castelo quixeron visitarnos e contarlles algunhas historias de creación propia e clásicos aos nos@s peques de 1º e 2º de Primaria. Como nos gustan estas actividades en comunidade e ir tecendo redes para facer máis fácil a transición do cole ao insti, de potenciar a creatividade d@s nos@s adolescentes e promover o gusto pola lectura d@s mozos e d@s máis pequen@s: