Páginas

21 may 2023

MICRORREDE: "EscribirARTE na Mariña"

 



     - ULTIMANDO A EXPOSICIÓN


    Na tarde do 18 de abrir os compoñentes da Microrrede reunímonos para ultimar os preparativos da montaxe e os diferentes actos e actividades dinamizadoras da exposición conxunta que este curso leva por título "EscribirARTE na Mariña" 

    A exposición terá lugar do 8 ao 11 de maio no Salón multiusos do Concello de Viveiro en horario de 18:00 a 20:00 horas.  

    O cartel desta mostra estanno elaborando no Departamento de Artes do IES Monte Castelo de Burela xa por quinto ano consecutivo. De entre varios elixiremos o que máis nos guste. 

    Os centros educativos tamén serán protagonistas, sobre todo os do Concello de Viveiro, por proximidade, en cada xornada da exposición con diversas actuacións musicais, representacións, dramatizacións, contacontos...

        Este curso quixemos  presentar como novidade , ademáis dos "cadros artístico-literarios", un trabalo que se foi creando con moito agarimo, rulando de centro en centro e que presentaremos o día da exposición. Mentres tanto seguimos traballando para rematar as propostas de cada un dos proxectos. 

   

    - PRESENTACIÓN DO CARTEL E PROGRAMA DA EXPOSICIÓN


      Desvelamos o cartel da nova exposición da Microrrede! 

    Queremos agradecer ao alumnado do bacharelato de Artes do IES Monte Castelo pola participación e o seu bó facer e en particular á alumna de 2º de BAC Claudia García López por brindarnos a portada que abre as portas ao noso traballo colaborativo. 

    Asimesmo, damos a coñecer o PROGRAMA da nosa exposición anual, que contará con cadros máis un conto artístico colaborativo. Todas as obras plasman a alma dos proxectos de cada centro e seguro serán unha mestura de estilos, tanto narrativos como artísticos, pero sobre todo, de moita creatividade. 



     - MONTAXE DA EXPOSICIÓN E SEMANA DE EXPOSICIÓN E ACTIVIDADES

    O venres 5 os membros da Microrrede reunímonos na Sala Multiusos para ir montando as nosas propostas para a exposición, un total de 16 obras moi orixinais, realizadas con diferentes técnicas; obras que traspasan as paredes da sala grazas á linguaxe dos códigos QR que achegan aos visitantes a temáticas dispares traballadas nos diferentes proxectos do centros.
     Recordade que a exposición estará aberta ao público de 18H a 20H do 8 ao 11 de maio. Inauguramos o luns ás 18:30h. Esperámosvos!!!! 


          A proposta do noso cole titúlase "Abre as Portas á Biodiversidade", temática que levamos traballando todo o curso co noso PDI sobre a auga e o consumo responsable. Representa as nosas portas das aulas onde expuxemos as investigacións feitas sobre a flora e fauna das especies que viven na auga doce ou preto dela. 








      Chegou o día da inauguración. Acompáñanos no acto Dª María Loureiro García, alcaldesa de Viveiro, Dª María José Gómez Rodríguez, Xefa territorial de Educación en Lugo, Carmen Areán Vázquez, do Servizo territorial de Inspección educativa de Lugo. Dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares, estivo connosco Dª Beatriz González Blanco, asesora da Zona Norte, e tamén representantes dos equipos directivos dos centros escolares. 

           Nesta primeira xornada contamos con Primitivo Marcos Ferreiro, artista viveirense que falou da súa última obra de banda deseñada "Viveiro 1810, augas mortais" e presentounos o seu próximo traballo. Tivemos tamén a actuación musical de amigos do folk, grupo de gaitas do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro. 







    A nosa sorpresa para este día foi a montaxe no noso conto que medra e no que participaron todos os centros da Microrrede: 









    - A EXPOSICIÓN "escribirARTE na Mariña" NA PRENSA

    Como sempre, a prensa local faise eco da nosa exposición: 





    Accede ao album de fotos da exposición:  



   Desde este ano, a Microrrede tamén conta con redes sociais, ademáis da súa páxina web. Alí poderedes atopar todo o camiño percorrido neste curso ata a exposición final: 


    Podedes tamén seguir as nosas actividades na páxina web da Microrrede: 

  


     
     Esperemos que vos gustase a exposición e xa pensando na do curso que ven!!!!!