O alumnado de 5º de Primaria quixo coñecer a figura de Martín Códax e compartir a través dun vídeo co resto d@s compañeir@s o que foron descubrindo:
Este ano comezamos no cole poñendo en parcha o programa de "PATIOS DINÁMICOS", e ocorréusenos crear unha asamblea exterior dándolle unha segunda vida a uns "tocos" de árbores cortados que había na parte de atrás do IES Monte Castelo e levaban alí todo o inverno. Alá fumos pedir os "tocos" (si eles non os ían a usar) e tamén si colaboraba con nós o alumnado de Artes de 4º da ESO para facerlles un diseño bonito na parte superior. Non tiveron problema e encantados fixeron as plantillas con debuxos que se lles foron ocorrendo e compartiron con alumnado de 6º de Primaria algunha xornada de artes, pintura, risas....
ARTE e SOSTIBILIDADE para a creación de patios dinámicos. Explotou a creatividade e soltouse a imaxinación, o traballo colaborativo para mellorar a nosa contorna e os patios dos coles.
Moitos parabéns ao alumnado de EPV de 4º da ESO, aos nos@s nen@s de 6º de EP e á profe de Artes Sonia Prado polo seu compromiso e esforzo. Esperamos seguir colaborando e que estas actividades intercentros sigan xa que pensamos que fortalecen lazos entre o alumnado de ambos centros.
Nun primeiro momento limpáronse os troncos, deuselle unha capa de material protector de madeira e pintouse o fondo da parte superior:
Logo, outro día voltaron rematar coas plantillas e así foi quedando:
Grazas por esta magnífica colaboración e esperamos seguir compartindo experiencias con vós. Agora só falta ver como quedan colocados!!!!!!