Chega o Nadal e imos rematando coas actividades programadas para o 1º trimestre. Só nos queda ir preparando a nosa árbore de Nadal:
Nos días previos a esta celebración todo o alumnado nas súas aulas estivo a elaborar un cono de papel en tamaño A3 que previamente decoraron en tons verdes e con motivos navideños. Así puidemos facer unha árbore de Nadal para cada edificio.
Ao longo desa semana algunhas clases saíron do cole para ir cantar panxoliñas en diversas asociacións do pobo, como foron "Coidando de Vós" (infantil), "Eu son" (1º de EP), "Afán" (2º de EP) e á residencia de anciáns (6º de EP).
O 22 de decembro, derradeiro día de clase antes das vacacións, visitáronnos os Reis Magos e entregamos as cartas no buzón real. Ao rematar a visita o alumnado puido degustar un roscón de Nadal e tiveron tempo de baile libre con música no patio para celebrar esta data.
Aquí podedes ver un pequeno resumo compartido nas redes sociais: