Páginas

29 abr 2024

DECEMBRO: ASAMBLEA DE REINOS E RETO 4


 






    Chegou o momento! As maquetas dos reinos xa están listas! É hora de presentalas e o bruxo xa baixou do monte para darlle a Libruxa o seguinte reto. Estades preparad@s?


   
     
    A asamblea está tendo lugar e xa coñecen o novo reto: unha felicitación de Nadal para o noso reino veciño. Ánimo!!!


XUNTOS POLAS DIFERENTES CAPACIDADES


       Entramos xa no mes de decembro e quixemos comezar compartindo coa fundación "EU SON" este día para conmemorar todos xuntos as nosas "diferentes capacidades". 

       Nesta xornada de convivencia preparamos unha ginkana de xogos por equipos na que todos puidemos disfrutar. 


   Aquí tedes un pequeno resumo do ben que o pasamos todos xuntos!!!!


EN PÉ DE GUERRA!!!!!


    

   Este ano todos os reinos quixeron deixar as súas pegadas e poñerse en pé de guerra, porque non hai mellor maneira que unirse e loitar contra esta lacra social que temos que ir eliminando dende ben pequeniños. Libruxa quixo contar, como non, coas pegadas e as mensaxes das familias.    



    Dende o Reino de Libruxa os seus axudantes tamén elexiron unhas poucas lecturas para acompañarnos nas horas de ler: 



    Chegou o día de colgar o noso fío violeta no cole: 


    


     Ademáis, o alumnado de 2º de Primaria tivo a visita das monitoras de Gaia para realizar un taller de chapas xunto cunha pequena charla-presentación sobre o tema:  


26 abr 2024

MENTRES....QUE ESTÁN A FACER OS REINOS?

 








   Mentres diseñan as maquetas para cumplir o reto proposto polo misterioso bruxo, os reinos tamén viven o día a día. Vexamos que están a facer nalgúns deles: 

  Dende degustación de produtos de outono 

Preme na imaxe

  posta a punto no invernadoiro para comezar a plantar o horto...

ata unha visita a Alforz, á torre medival de Pardo de Cela, e a Mondoñedo, para coñecer un oficio moooi antigo como é a alfarería...

Preme na imaxe


   Elaboración de vidrieras medievais para decorar os corredores do edificio 1 dos maiores...

Preme na imaxe











ou seguir investigando sobre o "Proxecto Dragón"

PROXECTO DRAGÓN by Nazareth


Os pequeniños tamén esfollaron o millo e degustaron alimentos feitos con esta materia prima, tan antiga como necesaria hoxe en día: 

Preme na imaxe

ou despertaron o seu lado sensorial cunha fermosa mandala de outono coa que despois puideron xogar, tocar, cheirar...



    Ao alumnado de 6ª tamén lle deu tempo de crear o seu propio himno para o seu reino "Loqui Mare" e así o interpretaron. Están feitos uns/unhas artistas!!!!!
 

    Os peques de 5 anos resumiron así as actividades do 1º trimestre: 

   

DÍA DA INFANCIA. TOCA CONTACONTOS

 


      Para conmemorar o Día da Infancia o alumnado de 1º de Primaria participou nunha sesión de contacontos a cargo do Grupo de Participación do Concello de Burela, que incluía tamén un obradoiro con actividades relacionadas co conto. O conto elexigo foi un clásico da literatura infantil,  "Agora non Bernardo"


  Moitas grazas pola visita!!!!




O MAGOSTO INVADE OS REINOS

 


       Os reinos ultiman todos xuntos a súa festa de magosto que celebraremos o 10 de novembro: 




   Previo a este día, fumos organizando unha serie de talleres para ter todo listo. Primeiro un taller internivel para elaborar as cestas para as castañas. Así que, distribuídos por distintas aulas os máis maiores dos reinos ensinaron aos peques a súa elaboración e explicáronlles a orixe do termo "magosto": 

 

   

















     
Tamén organizamos un taller coas familias para realizar unhas coroas de outono con follas secas que fumos recollendo no patio do cole: 



 




















    


   Finalmente, todo foi quedando preparado para o gran TORNEO DE REINOS!!!! Cada equipo tería un dorsal cunha palabra clave relacionada co proxecto






e estaría distribuído ao longo do torneo para ir selando o seu paso polas distintas estacións do torneo, 15 xogos con aires medievais guiados polas instruccións dos voluntarios de 6º:


   Nas nosas redes sociais publicamos un pequeno resumo e poderedes comprobasr o ben que o pasamos ese día: 



   Tamén recollimos a visita das familias para o taller de coroas: 

Preme na foto


NOVEMBRO: CONVOCATORIA DE REINOS E RETO 3


 







    Ola nenos e nenas do Vista Alegre, conseguido o reto 2  no que Libruxa comprobou como lévavades posto o voso amuleto protector na festa de Samaín, chega o momento dunha nova convocatoria de reinos para coñecer o novo reto que o bruxo vos propón e así deixar a Vatra sin outra das súas poderosas escamas!!!!



    Reunidos todos os representantes, cada un/unha co seu estandarte e amuleto, coñeceron que o novo reto será crear unha maqueta de cada reino. Terán que investigar, diseñar, chegar a acordos e finalmente, construír unha maqueta de como sería o reino onde viven. 
   
    Por mor da chuvia tivo que celebrarse na entrada do Reino de Libruxa e preto da urna onde custodia as escamas de Vatra: 

     Veremos todos os diseños dos reinos na seguinte asamblea de troncos!!!! Creatividade e Imaxinación!!!!

     Aquí vos deixamos a programación prevista: 

reto3-4



UNHA TRIPLA POLA IGUALDADE


 

       Como parte do programa "unha tripla pola igualdade" da Deputación de Lugo, visitaron ao alumnado de 2º Ciclo algunhas xogadoras do equipo lucense de baloncesto máis o seu entrenador e compartiron con nós tempo e experiencias. 

Así o recollimos nas nosas redes sociais:

COIDAMOS A NOSA SAÚDE

 


   

   Ao longo das derradeiras semanas de outubro o alumnado de 3º ciclo asistiu a unha serie de charlas e visitas para concienciarnos da importancia da prevención e investigación nalgunhas enfermidades, así como da vida e alimentación saudables. 

   

 Os nenos e nenas de 6º  uníronse á iniciativa "o rosa é moito máis ca unha cor" para reivindicar a necesidade de seguir coas investigacións contra o cancro de mama: 

Preme na foto

   Ademáis participaron nunha actividade de diferentes obradoiros organizada pola Asociación Esperanza Contra o Cancro coa axuda de médicos/as do Hospital. Coñeceron cómo funciona esta enfermidade e como podemos reducir os riscos de padecela. 


    Por outro lado, o alumnado de 5º de Primaria fixo unha visita guiada ao supermercado para aprender moooito máis sobre alimentación saudable e hábitos de consumo responsable.