Páginas

26 abr 2024

COIDAMOS A NOSA SAÚDE

 


   

   Ao longo das derradeiras semanas de outubro o alumnado de 3º ciclo asistiu a unha serie de charlas e visitas para concienciarnos da importancia da prevención e investigación nalgunhas enfermidades, así como da vida e alimentación saudables. 

   

 Os nenos e nenas de 6º  uníronse á iniciativa "o rosa é moito máis ca unha cor" para reivindicar a necesidade de seguir coas investigacións contra o cancro de mama: 

Preme na foto

   Ademáis participaron nunha actividade de diferentes obradoiros organizada pola Asociación Esperanza Contra o Cancro coa axuda de médicos/as do Hospital. Coñeceron cómo funciona esta enfermidade e como podemos reducir os riscos de padecela. 


    Por outro lado, o alumnado de 5º de Primaria fixo unha visita guiada ao supermercado para aprender moooito máis sobre alimentación saudable e hábitos de consumo responsable.