Páginas

17 may 2023

NAVEGANDO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 


       O 24 de novembro tivo lugar no centro a celebración desta conmemoración que consideramos fundamental para concienciar ao todo o noso alumnado sobre a importancia da igualdade e o respecto; unha loita de todos e de todas para prever futuras conductas relacionadas coa violencia de xénero. 

          Libruxa, no seu expositor temático, deixou as súas propostas de lectura para estes días, ainda que quedaron moitas dentro da biblio para quen queira botarlle unha ollada a máis lecturas: 


           A nosa proposta, na que participa todo o cole conxuntamente, foi a seguinte: 


    Reunimos a todo o alumnado no patio para crear un gran río de cor morada, que conseguimos coa unión dos anacos aportados por cada clase, e sobre o que navegaban todos os barcos coas súas palabras ou frases contra a violencia e a favor da igualdade. 










   Aquí tedes un vídeo da montaxe que resume moito mellor este acto: 


  Tamén, como o resto das actividades, foi compartida para a nosa comunidade educativa nas redes sociais: 

            

    Xa montada a nosa corrente de barquiños contra a violencia de xénero, interpretamos a canción de Amaral, "Salir corriendo", que estivemos ensaiando previamente: 


     Ao día seguinte, decidimos colocar o noso río violeta nas paredes do corredor do edificio 2 e tamén, un anaquiño, xunto a Jan e Libruxa no recanto do Proxecto da Auga, para que permaneza alí ata o remate deste curso: 

























    Para rematar con este día, a ANPA propúxonos unha animación teatral titulada "Os Superpoderes da Igualdade". Como na biblioteca non collemos varios grupos xuntos, ven sendo habitual que estes actos teñan lugar na aula de psicomotricidade: 

    






CHUVIA DOS DEREITOS HUMANOS


      O 9 de decembro, con motivo da celebración do Día da Declaración dos Dereitos Humanos, tivo lugar no edificio 1 a creación dunha gran chuvia de dereitos. Nesta ocasión foi o alumnado de 2º e 3º Ciclos os que crearon unha pinga, plasmando en cada unha delas un dereito e un debuxo que cada nen@ considerase relevante no día a día do noso cole e na súa vida en xeral. 



     A finalidade desta actividade é concienciar aos máis grandiños do cole sobre os dereitos como persoas sociais que somos co obxectivo de ir construíndo neles pouco a pouco unha conciencia crítica e comprometida con eles/as mesmos/as, coa comunidade na que viven, e co planeta en xeral. 
      Ademáis de consultar a bibliografía na biblio sobre o tema, tamén lles deixamos algúns enlaces para realizar esta proposta: 


       


       Este foi o resultado final: 








DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA: AGARIMOPINGAS

      A semana do 20 de novembro celébrase o Día Universal da Infancia dende 1959, cando foi aprobada a Declaración dos Dereitos dos Nenos e Nenas pola ONU. 

     Como cada ano, o noso cole tamén se quixo sumar a esta conmemoración coa elaboración dunhas AGARIMOPINGAS moi especiais. Esta vez tocoulle ao alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria crear unha pinga de cartulina e plasmar en cada unha delas un dereito da infancia, relacionando este día co proxecto da auga que estamos a desenvolver no centro. Logo, cada nivel elaborará unha nube coas súas gotas que colgaremos no hall do edificio 2 nun acto simbólico. Finalmente, algúns nenos e nenas leron os dereitos plasmados nas pingas e compartíronnos cos seus compañeir@s. 





    














CHEGA O MAGOSTO


     Vai chegando o frío, o tempo de coller os abrigos, do gusto de sentir a calorciña do lume...Vai chegando o tempo de asar as castañas e celebrar o Magosto, como todos os cursos, no noso cole. Este curso gustaríanos contar coa colaboración das familias para realizar un taller de elaboración das cestiñas/cucuruchos onde o alumnado recollerá as súas castañas: 


   A verdade é que foi todo un éxito de asistencia e quedamos encantad@s, sobre todo @s peques que disfrutaron de cheo con esta actividade: 








     Despois do taller, todo o alumnado visitou, como sempre, ao asador de castañas acompañados dun grupo de gaitas da Asociación Cultural "Ledicia" de Burela. Tamén contamos coa colaboración da ANPA para a compra e a pela das castañas. Logo toda a comunidade educativa puido degustar estes froitos tan típicos do outono, xunto con bolos preñados. 

















   Para rematar esta xornada, organizáronse algúns xogos populares e obradoiros para o alumnado de primaria, sendo a castaña a protagonista dos mesmos. Despois de seleccionar os xogos que máis nos gustaron, ao longo das semanas anteriores, fumos elaborando nas titorías o material que necesitábamos para os diferentes xogos con elementos de refugallo e castañas. 
    












   Para @s peques de Educación Infantil puxéronse en marcha tres obradoiros: un pintacaras, a creación dun mural de outono e un contacontos na biblioteca: 







    Como non podía ser doutra maneira, tamén fixemos partícipes a toda a nosa comunidade de seguidores do noso día de magosto: 



 Así foron as actividades no edificio 2: 


   E así foron os xogos no pavillón Vista Alegre para o alumnado do edificio 1: