Páginas

2 may 2018

PARA MIN UN LIBRO É...





    Para o Día do Libro queríamos que os nosos nen@s pensaran o que significa para eles a lectura e a súa importancia na súa formación. Así ao alumnado de primaria propuxémoslle elaborar un mural recollendo as súas reflexións sobre o que para eles é un libro.
    Non podíamos olvidarnos dos máis pequenos do cole, nin tampouco dunha parte inherente ao libro e á lectura, as ilustracións que acompañan a cada texto na literatura infantil e xuvenil. Deste xeito, os nen@s de infantil recomendan os sus libros preferidos convertíndose en ilustradores e debuxando, á súa maneira, as súas portadas.
   Este foi o resultado:





                                                        



     

    

    Ademáis, a ANPA colaborou na celebración deste día e o luns 23 agasallou a cada clase cunha caixa sorpresa con libros de segunda man donados por particulares para as nosas bibliotecas de aula. 

                                  

    
   Como ben sabedes, este ano tamén se celebra o 75º aniversario da publicación dunha obra universal, "El Principito" de Antoine de Saint-Exúpery. 




   Polo que aqueles que queiran traballalo nas súas aulas ou como animación lectora na biblioteca e despois facer algunha actividade aquí tedes algúns recursos atopados na web: 


   El Principito by Nazareth on Scribd



  De Actiludis: 



 Da Rede de Bibliotecas Públicas Municipais de Málaga: 

   Catalogo El Principito by Nazareth on Scribd


    Tamén podemos xogar coa imaxinación e creatividade dos nosos nen@s a través do seguinte dibuxo feito polo autor do Principiño. Que é isto? 
     A partir desta silueta que imaxinen e dibuxen o que pensen que é o que o autor esbozou no libro e os adultos, desgraciadamente, non entendían. 




    Algúns vídeos que nos poden axudar a entender o libro:













   Como non, dende a biblioteca, estes son algunhas das adaptacións para nenos e versións feitas por outros autores que podemos subir ás nosas aulas:


















21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA

 

   Ao longo da semana da poesía tiveron lugar na biblioteca diferentes talleres de poesía realizados pol@s titoras/res e centrados fundamentalmente no libro "Poemar o mar" de Antonio García Teijeiro, gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017. 

   Non propuxemos ningunha actividade cerrada, senon que a nosa intención foi "facer da poesía algo vivo", tal e como dice este gran escritor, a través de diferentes propostas ou suxerencias. A única premisa para as nosas sesións na biblioteca era "A POESÍA".
      A poesía contaxiase a través da voz, da entoación, da intensidade, do ritmo, do xogo, da emoción...E iso fixemos, xogamos coas poesías de "Poemar o mar" e con outras que nos gustaban como algún conto rimado, retahílas, acrósticos, versos encadeados, onomatopeias...: recitámolas, cantámolas, cambiamos as súas rimas, reescribímolas mesturando os seus versos ou roubando palabras dos poemas e creando outros novos deixando volar a nosa imaxinación e creatividade... e finalmente, escribímolas para colgalas no mural adicado a este autor:






MARCOS CALVEIRO E O CARTEIRO DE BAGDAD









 


   O pasado luns 9 de abril visitounos na biblioteca o escritor Marcos Calveiro para falarlle ao alumnado de 5º e 6º  de primaria sobre o seu libro "O carteiro de Bagdad".

   Esta animación resultoulles moi interesante xa que o escritor explicoulles o contexto no que se iniciou a guerra de Iraq no ano 2003. O libro relata situacións reais por medio dos seus protagonistas. Marcos Calveiro desveloulles como se lle ocorreu escribir este libro: foi lendo un artigo nun xornal, onde un carteiro iraquí explicaba a importancia do seu traballo para que a xente puidese ter novas das súas familias dentro e fóra do país: "Unha carta non é só un anaco de papel; é algo sagrado" e os carteiros arriscaban a súa vida para poder entregalas.

    Ao remate da súa exposición, os nenos e nenas puideron facerlle moitas preguntas sobre a guerra, sobre a súa carreira literario e sobre como se organiza para escribir.

 

















 

2 abr 2018

A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO







   
   Estes dous vindeiros meses son meses moi literarios e xa estamos pensando e preparando as actividades de cara ao día do Libro e das Letras Galegas, unha delas é a proposta dende a Microrrede PLAMBE A Mariña para a exposición conxunta no mes de maio e para a que esperamos a vosa participación tal e como fixestes o curso pasado. 

  Á volta de vacacións de Semana Santa entregaremos a carta e os materiais necesarios para levar a cabo o proxecto deste ano. A carta levará esta introdución común a todos os centros: 

Queridas familias: 
Un ano máis queremos propoñer ás comunidades educativas dos centros que formamos a “Microrrede das Bibliotecas PLAMBE da Mariña” unha nova actividade, con motivo das celebracións nos meses de abril e maio, Día do Libro e Día das Letras Galegas, que nos recordan a necesidade do fomento e dinamización da cultura, entendida como un ben común que propicia unha sociedade máis humana, igualitaria, crítica e libre. O lema deste curso é     A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO.

   Coma ben sabedes do curso anterior, este traballo é para facer en familia, polo tanto animámosvos a participar e desenvolver esa creatividade que sabemos que tedes. 

     Cada centro participante elixe o aspecto a traballar dentro do tema proposto, que nesta ocasión, como podedes ver, ten á muller como protagonista. Dende o noso cole pensamos que, algo típico de Burela que aúna tradición e cultura coa figura da muller é a elaboración das alfombras florais para as festas: 
              " Muller e tradición: as alfombras florais"




    




   
       Esforzo e ilusión escondidos baixo as flores. Este ano ademáis é especial xa que se celebra o 25 aniversario das alfombras tal e como se elaboran actualmente, xa que antes só se facían a tramos. Decenas de veciñ@s de todas as idades traballan sen descanso durante todo o día para confeccionar cada ano o tapiz floral, un arte efímero que ten un gran traballo detrais, sobre todo das mulleres, tanto a nivel de organización como de elaboración do mesmo; vistas como unha maneira de compartir unha experiencia entre a xente do pobo, unha oportunidade de involucrar ás novas xeracións, e tamén como un exemplo de integración doutras culturas, xa bastante arraigadas na nosa vila. 

    Esta actividade será a nosa pequena homenaxe ao esforzo e traballo de tantos anos destas mulleres no mantemento desta tradición que xa forma parte da cultura mariñana e se convertiu nunha das máis importantes de Galicia. Intentamos coa nosa proposta facer un paseo en feminino a través da historia e do presente das alfombras florais visto dende a perspectiva dos nosos nen@s e as súas familias, moitas delas seguro que implicadas na elaboración das mesmas.  


  Así foi a carta que lle enviamos ás familias para que foran preparando os seus traballos e logo montar no cole a exposición: 

  
   Carta Alfombras by Nazareth on Scribd


       Así quedou fimalmente a nosa pequena exposición-homenaxe a todos aquel@s, sobre todo mulleres que traballan cada ano con ilusión na elaboración das alfombras florais. Entre os traballos das familias aparecens varios collages das alfombras reais dende o ano 1996 ata o 2018: 











      A verdade é que as familias traballaron moito e conseguimos traballos moi variados: descripcións, poemas, contos, entrevistas...


      Ademáis, nas nosas clases estamos a preparar nas clases de plástica unha pequena alfombra con elementos típicos de Burela e tamén relacionados coa muller. Estas son as plantillas que dividimos en 17 cachiños repartidos nas distintas titoráis. Veremos o resultado o día da exposición en Viveiro: 























 A semana anterior á exposición en Viveiro colgaremos no cole o cartel da mesma, así como a información relacionada cos distintos actos e actuacións dende o 7 ao 10 de maio:







DÍA DA MULLER: "NON TAN FRÁXILES"








   Afortunadamente, moitas cousas cambiaron dende aquel desafortunado 8 de marzo de 1908, cando 146 mulleres traballadoras morrreron nunha fábrica de Nova York. Pero, a desigualdade de xénero e a discriminación son aínda cuestións vixente no mundo actual. 
   Por ese motivo, cada 8 de marzo organízanse actividades para sensibilizar en pós dunha sociedade máis xusta e igualitaria e a ANPA do noso cole contribuiu, entre outras, coa aportación deste cartel reivindicativo: "E si lle ensinamos ás nenas a ser valentes, no canto de perfectas?"  




  "A ilusión move montañas". O que teñen os nen@s de hoxe é iso: inocencia, ilusión, motivación... Aproveitémola sen marcar as diferenzas de xénero, de raza, sociais ou culturais.

   "We can do it" 

  

  
  Naceu como propaganda para manter a producción industrial en EE.UU na II Guerra Mundial, cando as mulleres tiveron que ocupar os postos de traballo que os homes deixaron nas fábricas ao ter que ir loitar á guerra, e anos máis tarde, convertiuse en icono feminista. 

   Os nen@s de hoxe son o noso futuro e han de ter moi claro que con tesón e sin complexos PODEN chegar a conseguir o que se propoñan, deixando de lado barreiras tradicionalistas. Pode haber moitos cambios, grandes ou pequenos, pero o máis importante que aínda queda pendente é o cambio de mentalidade e iso está nas mans de todos eses nenos e nenas de hoxe. 

   Para contribuír a esta celebración reivindicativa animamosvos a dar visibilidade á importancia do traballo e esforzo de distintas mulleres ao longo da historia e tamén no presente a través dunha actividade para a dinamización sociocultural de nenos e nenas do noso cole. Para iso, Libruxa propónnos elaborar un "ABC...CON NOME DE MULLER", e esta foi a carta que vos enviou coa súa proposta: 

   
   Día Da Muller by Nazareth on Scribd


  Dentro de poucos días, veremos o resultado do que o nosos nen@s investigaron sobre estas "non tan coñecidas" mulleres, pero que polos seus logros foron ou son moi importantes.

  Para facilitar a tarefa, como sempre, temos a axuda dos libros do expositor temático: 


   Entre as recomendacións do equipo de biblioteca, para perderse na súa lectura e ilustracións: 












  Ademáis, coa colaboración da ANPA, visitáronnos no cole as integrantes do grupo BATUKO TABANKA, mulleres caboverdianas que a través da música manteñen vivos a tradición e folklore do seu país de orixe. Un exempolo de integración e un intercambio intercultural que dende logo todos disfrutamos: