Páginas

2 may 2018

MARCOS CALVEIRO E O CARTEIRO DE BAGDAD









 


   O pasado luns 9 de abril visitounos na biblioteca o escritor Marcos Calveiro para falarlle ao alumnado de 5º e 6º  de primaria sobre o seu libro "O carteiro de Bagdad".

   Esta animación resultoulles moi interesante xa que o escritor explicoulles o contexto no que se iniciou a guerra de Iraq no ano 2003. O libro relata situacións reais por medio dos seus protagonistas. Marcos Calveiro desveloulles como se lle ocorreu escribir este libro: foi lendo un artigo nun xornal, onde un carteiro iraquí explicaba a importancia do seu traballo para que a xente puidese ter novas das súas familias dentro e fóra do país: "Unha carta non é só un anaco de papel; é algo sagrado" e os carteiros arriscaban a súa vida para poder entregalas.

    Ao remate da súa exposición, os nenos e nenas puideron facerlle moitas preguntas sobre a guerra, sobre a súa carreira literario e sobre como se organiza para escribir.