Como cada ano, en marzo celebramos a semana da prensa na escola. Repartimos xornais polas aulas e traballamos as noticias nas clases, dende os pequeniños de infantil ata os maiores de primaria.
Este curso, tocoulles aos nen@s de 2º Ciclo presentarnos algunha noticia elaborada por eles sobre as actividades mediambientais que se están a levar a cabo no cole dentro do proxecto de centro, actividades reais sobre a natureza que atoparon na prensa...Estas noticias incluiránse xa na nosa revista "Vistalegrín" a finais de curso e tamén se gravarán para a canle de radio en podcasts.
Ademais, como xa comezamos o reto 4 sobre a reciclaxe, nalgunhas clases elaboramos traballos de plástica reciclando papel de xornais vellos que fumos gardando.
Estas son algunhas das noticias elaboradas durante a semana da prensa na escola polo alumnado de 2º ciclo: