Xa está publicada unha nova edición da nosa revista escolar Vistalegrín. Recolle moitos dos traballos feitos ao longo do curso.Bótalle unha ollada e seguro que recoñeces moitos deles.
23 jun 2014
13 jun 2014
30 may 2014
SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS DA MARIÑA
O pasado día 20 de maio tivo lugar na Casa da Cultura de Burela a inauguración da exposición que recolle os traballos realizados polo alumnado do Ceip Virxe do Carme, Ceip Plurilingüe Vista Alegre e IES Monte Castelo.
É unha pequena mostra do proxecto levado a cabo durante este curso por varios centros educativos da comarca da Mariña que pretende achegar as artes plásticas ao alumnado e darlle un espazo dentro do currículo escolar.
A ARTE QUE NOS RODEA
O alumnado de 5º e 6º do Ceip Plurilingüe Vista Alegre visitou no Cenima en Foz a exposición A ARTE QUE NOS RODEA como actividade final da SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS DA MARIÑA.
Guiados por vari@s artistas da zona achegáronse ás obras alí expostas percibindo as distintas sensibilidades e sensacións que estas lles transmitían.
15 may 2014
LEMOS UN CONTO ÁS NENAS E NENOS DE 3 ANOS CO KAMISHIBAI
Actividade con kamishibai
Este mércores os nen@s de 5º A viñeron á biblio para contarnos o conto
de "O NENO E A ESTRELA" sobre Díaz Castro co soporte de Kamishibai. Estiveron
moi atentos e gustoulles moito a experiencia de que nenos maiores lles
conten os contos e, aínda encima, empregando este novo soporte para a
lectura de contos. Gracias!!!
9 may 2014
SERES MITOLÓXICOS
Os nenos e nenas de 5ºA estaban moi interesados en coñecer eses mitos que aparecían nas lecturas e na historia de moitos pobos; tamén en lendas que lles escoitaron aos avós e avoas. Entón fixeron un traballo de investigación cuxos resultados podedes ver neste documento.
4 may 2014
MADRIÑAS E PADRIÑOS LEN @S AFILLAD@S
Por fin a choiva deu paso ao sol e puidemos facer unha das actividades máis esperadas, as MADRIÑAS e os PADRIÑOS. Levaban xa días co material e os libros escollidos e preparados. Mirade como atenden e engaiolan @s seus afillad@s. TODO UN PRACER estas lecturas compartidas.
27 abr 2014
AS NENAS E NENOS DE INFANTIL coa POESÍA
LIBRUXA quere que vexades os traballos que están a facer as nenas e os nenos de Infantil relacionados coa poesía e co Día do Libro e que teñen publicado no seu blog.


"DÍA DO LIBRO"
Este pasado mércores 23 de abril, conmemorouse o DÍA DO LIBRO; na clase da xirafa fixemos uns traballos de poesía sobre o libro ANTOLOXÍA PARA A INFANCIA, con poemas de Rosalía de Castro. Queremos compartir con vós o noso traballo, esperamos que vos guste.Recitando contos.
Na clase do oso escribimos, debuxamos e recitamos contos que son poesía
17 de Maio DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Xosé María Díaz Castro (1914-1990) forma
parte da chamada “escola mindoniense” xunto con escritores como
Cunqueiro, Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Iglesias Alvariño...,
mantendo un forte compromiso ao longo da súa vida co noso idioma e a
nosa cultura.
É autor dun único libro publicado no ano 1961, “Nimbos” que está
considerado como unha das obras mestras da poesía galega contemporánea.
Preme na imaxe para acceder a recursos que nos achegan desde o Equipo de Dinamización Lingüística.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


