31 ene 2013
27 ene 2013
23 ene 2013
UNHA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA
Estamos de noraboa: a RAG (Real Academia Galega) elixiu a Fina Casalderrey como académica numeraria. Unha muller galega, escritora e mestra que nos achega historias coas que emocionarnos e disfrutar. No recién nacido club de lectura de 6º curso escollimos un dos seus moitos libros.
Desde a biblioteca mandámoslle os nosos parabéns.
"A RAG (Real
Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con
Fina entra na Academia unha muller
(por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai
tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan
desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente
estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que
entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha
muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e,
polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!"
Entrada publicada pola Rede Lectura da Asesoría de Bibliotecas Escolares
20 ene 2013
18 ene 2013
APERTAS DE PAZ
Dese o Ceip ANDRADE chégannos estes preciosos vídeos que nos van preparando para o noso habitual taller que celebramos no
DÍA DA PAZ
17 ene 2013
ENCANTADO DE COÑECERTE!
ENCANTAD@ DE COÑECERTE!
Así están de contentos os nenos e as nenas dos coles que participan neste proxecto. Ao longo de dous cursos intercambiaremos información dos nosos países e así achegarémonos a diferentes culturas para coñecernos mellor e adoptar posturas solidarias e respetuosas desde a nosa propia identidade.
Preme AQUÍ para ver o que imos investigar durante este curso.
10 ene 2013
DÍA DA PAZ
O 30 de xaneiro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA polo que propoñemos a primeira actividade para o alumnado de 2º e 3º ciclo. Trátase dun traballo de investigación para saber máis sobre este tema.
A paz constrúese no día a día, cos ladrillos que cada un vai colocando. Cada un debe ir apuntando o seu. Porque a paz é u edificio que só se mantén se todos o sostemos.
Tamén atoparedes moitos recursos premendo na pomba na parte dereita do blog.
Tamén atoparedes moitos recursos premendo na pomba na parte dereita do blog.
26 dic 2012
XABIER P. DOCAMPO
Que mellor peche de trimestre que contar coa presenza de XABIER P. DOCAMPO na nosa biblioteca!. O alumnado do 2º ciclo de Primaria disfrutou escoitando consellos, facendo preguntas e como broche final remataron totalmente engaiolados cunha fermosa historia que espertou en todos nós un montón de sensacións e sentimentos.
Grazas Xabier por estares unha vez máis na nosa biblio.
TRABALLAMOS A IGUALDADE E OS DEREITOS DA INFANCIA
Podedes ver unha pequena mostra dos traballos feitos relacionados co tema da Igualdade e tamén dos Dereitos da Infancia
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












