Páginas

10 jul 2012

ACTIVIDADES PARA O VERÁN

Seguro que estades a disfrutar de todas esas cousas pensadas para o verán: pasear, viaxar, soñar, vivir as aventuras dos libros, e tamén esperar que veña o sol para irmos á praia que parece estar un pouco perezoso. 
Se che apetece indagar e aprender preme aquí e atoparás moitas actividades que prepararon na biblioteca O lar de Frianciño (Teis) e xenerosamente comparten con nos.
LIBRUXA DESÉXAVOS MOI BOAS VACACIÓNS!!!

LER NON É CLANDESTINO

Dende Forcarei chega este video para Fomento da Lectura, presentando a lectura como un valor.
 Agradecemos  aos seus autores, Gracia e Anxo, todas as súas aportacións pois o seu blog TRAFEGANDO RONSEIS é un dos nosos referentes.
DISFRUTADE CON EL!!

VISTALEGRIN dixital 2012


Coma cada ano por estas datas o alumnado do colexio quere dar a coñecer a toda a comunidade educativa as experiencias, visitas, celebracións, traballos. saídas, ... que aconteceron ao longo deste curso que acaba de rematar. A diferencia de edicións anteriores estrenamos formato dixital que mediante a súa publicación na Web do Centro e máis no Blog de LIBRUXA esperemos chegue a un maior número de lectores. Celebramos esta 1ª edición dixital pola mellora na calidade e na estética do documento.   Esperemos sexa o punto de partida de vindeiras edicións dixitais do VISTALEGRIN.
Esta nova edición permite ademáis de ver a revista a pantalla completa, descargala no ordenador ou imprimila.

14 jun 2012

CONTACONTOS PARA 4 ANOS

Os nenos e nenas de 4 anos recibimos este mes unha visita moi especial na nosa biblioteca. Unha alumnas de 1º e 2º da eso do IES Monte Castelo viñéronnos contar o conto de OS MÚSICOS DE BHREMEN, pero adaptado a Burela. Gustounos moito porque nos fixeron participar na narración do mesmo xa que nos puxeron unhas caretas dos distintos personaxes: gatos, cans, galos e burros.
E aínda por riba, cando nos íamos fomos agasallados cunhas libretas moi chulas de purpurina.
Desde LIBRUXA queremos darlle AS GRAZAS tanto ás alumnas como á profe.
E QUE SIGAN CON ESTA IDEA!!! GRAZAS.



10 jun 2012

PREMIOS PARA OS NENOS E NENAS

LIBRUXA entregou un pequeno agasallo aos nenos e nenas máis lectoras de cada clase durante este curso e de verdade hai que felicital@s porque algúns deles empataron na nada despreciable cifra de 64 libros lidos. QUE CUNDA O EXEMPLO.
ANA RAPA de 3º A
ROBERTO BALSEIRO de 3º B
DAVID FANEGO de  4º
XISELA DAFONTE de 5º
SIDOLF CORREIA de 6º A
Mª TERESA BERMÚDEZ de 6º B

PARABÉNS a tod@s el@s e moito ánimo. Seguide a facer dos libros un dos mellores compañeiros.


9 jun 2012

SESIÓN DE MAXIA

O mércores día 30 de maio puidemos disfrutar do espectáculo "A MAXIA EN CLAVE DE SOL". Emocionámonos ao ver as expresións de pasmo nas caras dos nenos e nenas ante os trucos empregados polo mago e comprobamos que é unha linguaxe universal, pois visitábanos un grupo de alumnos e profes belgas que tamén participaron e disfrutaron con todos nós.


31 may 2012

CONTACONTOS PARA INFANTIL

O día 25 de maio recibimos con entusiasmo o Contacontos de Kalandraka. Todos os anos nos visitou e sempre o pasamos moi ben porque ademáis de contarnos os contos introducen a música e as cancións dentro do conto, facéndonos participar e disfrutar aprendendo novas cancións para cada conto.


13 may 2012

OS FAVORITOS D@S NEN@S DE INFANTIL

Admirade que precioso traballo nos presentan as aulas de Infantil.
Os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos móstrannos os seus contos favoritos dunha maneira tan suxerente e creativa que non podemos pasar sen miralos con moita atención.


12 may 2012

MADRIÑAS E PADRIÑOS

Por fin a choiva deunos unha pequena tregua e puidemos facer a actividade de MADRIÑAS E PADRIÑOS. Todos eles tiñan máis que preparado o conto, moitos con material de apoio: peluches, debuxos, marionetas... AUTÉNTICOS CONTACONTOS.
É  un pracer ver como estes padriños e madriñas acollen aos seus afillad@s e comprobar como fan o seu traballo con tanta responsabilidade. Unha actividade na que tod@s son protagonistas e naide queda fóra.