Páginas

31 may 2012

CONTACONTOS PARA INFANTIL

O día 25 de maio recibimos con entusiasmo o Contacontos de Kalandraka. Todos os anos nos visitou e sempre o pasamos moi ben porque ademáis de contarnos os contos introducen a música e as cancións dentro do conto, facéndonos participar e disfrutar aprendendo novas cancións para cada conto.


13 may 2012

OS FAVORITOS D@S NEN@S DE INFANTIL

Admirade que precioso traballo nos presentan as aulas de Infantil.
Os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos móstrannos os seus contos favoritos dunha maneira tan suxerente e creativa que non podemos pasar sen miralos con moita atención.


12 may 2012

MADRIÑAS E PADRIÑOS

Por fin a choiva deunos unha pequena tregua e puidemos facer a actividade de MADRIÑAS E PADRIÑOS. Todos eles tiñan máis que preparado o conto, moitos con material de apoio: peluches, debuxos, marionetas... AUTÉNTICOS CONTACONTOS.
É  un pracer ver como estes padriños e madriñas acollen aos seus afillad@s e comprobar como fan o seu traballo con tanta responsabilidade. Unha actividade na que tod@s son protagonistas e naide queda fóra.

11 may 2012

MARATÓN DE LECTURA

O pasado martes, día 8 de maio, as nenas e nenos de 3º e 5º curso participamos no MARATÓN DE LECTURA organizado polo CC Buril. A semana anterior organizámonos en grupos, buscamos na biblioteca os textos en galego que queriamos ler e practicamos.
Cando chegou o martes estabamos un pouco nervios@s pois tiñamos que ler no salón de plenos do Concello e había moita xente. Pero ao rematar todo o mundo nos felicitou e dixeron que o fixeramos moi ben. Quedamos moi pero que moi content@s.

3 may 2012

ANIMACIÓN Á LECTURA 1º ciclo

O pasado martes 2 de maio agardábanos unha sorpresa na biblioteca: a visita dun contacontos. A sorpresa fíxose aínda máis agradable cando descubrimos que o conto ocurría nun castelo e que a protagonista era unha princesa que non quería selo. Poñéndonos na pel de Sabela, que así se chamaba a princesa, rimos, choramos, protestamos, comimos e ata cantamos.






21 abr 2012

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO


Achegamos unha recompilación de recursos para o Día do Libro elaborados polo Recanto de Mik, blog da biblioteca do Mestres Goldar de Vigo. Grazas a estas compañeiras por compartir e así avanzarmos outras.

16 abr 2012

RECITAMOS POESÍA

A todos os nenos e nenas gustoulles moito traballar coas poesías e unha das actividades que máis disfrutaron foi o recitado. Prestaron moita atención e tanto os maiores como os pequeniños fixéronno xenial.


13 abr 2012

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA ABRIL E MAIO

ABRIL, mes dos LIBROS

MAIO, mes das LETRAS

13 de abril

Concerto escola municipal de música

23 de abril

“Madriñas e Padriños”

2 de maio

Contacontos 1º ciclo

22 de maio

Teatro “Robin Hood”

25 de maio

Contacontos infantil

28 de maio

Anxo Fariña 3º, 2º ciclo

28 de maio

Xogo da OCA

30 de maio

“A maxia en clave de sol”

31 de maio

Entrega de diplomas ao alumnado máis lector de cada nivel.

Xuño

Exposición do traballo”Camiñando á Idade Media da man de Pardo de Cela”.

LIBRUXA facilitará material para achegarnos a VALENTÍN PAZ ANDRADE, autor homenaxeado este ano o DÍA DAS LETRAS.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Dende o ano 1963 cada 17 de maio celébrase o día das LETRAS GALEGAS para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos" un 17 de maio de 1863.
Este ano o autor homenaxeado é
VALENTÍN PAZ ANDRADE e para achegarnos á súa vida e á súa obra podemos utilizar o material que o SEMINARIO GALÁN elaborou para os distintos ciclos.
Dende o Ceip Nosa Sra. de Xuvencos aportan unha recopilación de actividades para o 3º ciclo.
Neste enlace atoparedes máis materiais recollidos polos distintos equipos de traballo do Ceip Frián-Teis.

Na biblioteca LIBRUXA tamén dispoñemos da súa biografía.