29 jun 2011
SAÍDA A CANGAS
FESTIVAL
LIBRUXA PREMIA @S MÁIS LECTOR@S
No final do curso LIBRUXA tamén fixo balance do traballo feito e unha das cousas das que está orgullosa é das boas e bos lectores que a visitan, por iso quixo facerlles entrega dun diploma e dun agasallo a aqueles nenos e nenas que máis libros leron de cada clase.
PARABÉNS A TOD@S
13 jun 2011
25 ANIVERSARIO DO CEIP VISTA ALEGRE
Concurso "adiviña quen é?"Na entrada do edificio atopamos un gran crucigrama con fotos do profesorado e persoal non docente cando era pequeno e trátase de completalo.
O mércores teremos un concerto de Música.
O xoves ás 17h na biblioteca celebraremos unha mesa redonda que estará composta por pais, nais, alumnado e profesorado da primeira época do cole e tamén da actual. Será bonito compartir vivencias.
O venres pola mañá xogos populares e pola tarde festa organizada pola ANPA.
Para rematar, o sabado disfrutaremos dunha comida con todas aquelas persoas que estiveron ou están relacionadas co colexio.
Na aula de Psicomotricidade podemos ver fotos, vídeos, periódicos que resumen a vida do centro nos 25 anos de existencia.
ALUMNAS MÁIS LECTORAS NO CURSO 2010/2011

Noa Miguélez de Acevedo 1º
Ana Rapa Casariego 2ºA
Ashley Muñante Carranza 2ºB
Claudia Pernas Dayán 3º
Ana Díaz Carracedo 4º
Isabela Lawicki Aragón 5ºA
Aida Maside Gil 5ºB
Claudia Teijeira Rey 6º
LIBRUXA entregaralles un agasallo o xoves na hora do recreo.
FELIZ VERÁN E BOAS LECTURAS Á SOMBRA!!!!!
2 jun 2011
A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.
31 may 2011
MADRIÑAS E PADRIÑOS
26 may 2011
ACTIVIDADES LIM "COMER SÁ"
18 may 2011
SALVANDO LIBROS
Que libro salvarías ti?
Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito.
Pretendemos difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.
Maio 2011
Queremos dar moi especialmente as grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón, que unha vez máis deseñou estes carteis tan fermosos para facer posible a actividade.
Podedes ver o perfil de Jaime, arquitecto e debuxante, aquí
e algunhas das interesantes cousas que fai aqui
e tamén aquí….
Grazas de novo, Jaime, pola túa xenerosidade
Esta é só unha pequena escolma dos que representan a cada un dos centros que participaron na actividade.
Salvar un libro consiste en aprender de memoria un pequeno fragmento para simbolizar a asimilación de todo o seu contido. Entón xa seremos unha persoa-libro e poderemos preservalo para sempre.
A idea está baseada na obra de Ray Bradbury “Fahrenheit 451”.
Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Infantil
Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Primaria
Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Ensino Secundario e algúns persoeiros relacionados co mundo das letras e a cultura
ESTA ACTIVIDADE FOI COORDINADA DESDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES: