Páginas

29 ene 2009

26 ene 2009

Preparando o día da PAZ

O día 30 celebramos o Día escolar pola paz
Estamos traballando: "¿Verdade que sería estupendo cambiar o significado de moitas palabras?". Deunos a idea a canción de Cómplices.



LIBRUXA recomendounos libros e poemas relacionados coa PAZ.



23 ene 2009

INVESTIGAMOS sobre a PAZ

O Equipo de Biblioteca do CEIP Mestre Martínez Alonso de Mos (Pontevedra) elaborou unha Webquest sobre a conmemoración do día 30 de Xaneiro "Día Escolar da Non-Violencia e da Paz". Trátase de levar a cabo unha investigación centrada en tres bloques:

- Cuestións acerca do Día Escolar da Non-Violencia e da Paz
- Cuestións acerca do venta de armas no mundo e a pobreza.
- Cuestións acerca de reflexións e poemas sobre a Paz.


Premede na foto e empezamos coa investigación en equipo:



22 ene 2009

XOGAMOS ?

Aquí tes un xogo para aprender moito acerca da PAZ. Fai Clic na pomba e empeza a investigar....

14 ene 2009

DÍA DA PAZ: 30 de xaneiro de 2009

Con esta bonita canción de Cómplices: "¿Verdad que sería estupendo....? imos tentar cambiar o significado de moitas palabras...


12 ene 2009

TRABALLAMOS COS BOLECHAS

Mira o traballo que fixemos cando Os Bolechas visitaron Burela. Tamén o podes ler na biblioteca de LIBRUXA.

17 dic 2008

OS BOLECHAS NA NOSA BIBLIOTECA








Os Bolechas visitaron Burela e Libruxa convidounos á nosa biblioteca. Contáronnos a súa viaxe polas nosas rúas, as nosas praias, o noso porto ... E todos os nenos e nenas do colexio fixemos un traballo que recollemos nun libro.
Despois Libruxa regalounos o libro dos Bolechas.
Foi o primeiro agasallo do Nadal!

12 dic 2008

UN BO REGALO..........UN LIBRO

Libruxa e a súa amiga recoméndanche libros para ler neste Nadal!
Fai clic encima da bruxiña

8 dic 2008

60º Aniversario: DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

10 de decembro: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

1.- Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos.

2.- Todas as persoas teñen os mesmos dereitos e liberdades , sin distinción algunha de raza, color, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición.

3.- Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa persoa

4.- Ninguén estará sometido a escravitude nin a servidume; a escravitude e a trata de escravos están prohibidas en todas as súas formas
MÁIS DEREITOS DO NENO OU NENA na seguinte animación.