Páginas

8 may 2024

DÍA DA MULLER: GUERREIRAS POLA IGUALDADE!!!!

 


    Para conmemorar este día orgnizamos e participamos en diferentes actividades. Os reinos de Vistamáxica son guerreiros pola igualdade!!!

        Para comezar, toda a nosa comunidade educativa participou no acto organizado polo Concello de Burela para reivindicar neste día o éxito da muller en ámbitos até fai ben pouco pechados para elas como é o deporte, e que mellor maneira que compartilo coas nosas guerreiras laranxas, campionas de todo a longo de varias tempadas no Fútbol Sala Feminino. Acontecemento que seguro quedará recollido no "Noticieiro do Reino" a final de mes...

   
  
 Despois do acto oficial as xogadoras compartiron uns momentos cos/coas peques e repartiron unhas chapas para recordar este día.






 









  Xa de volta, puñémonos en marcha con "AS MULLERES DA NOSA VIDA" onde os peques de infantil e de 1º ciclo contaron a través de debuxos e palabras quen era a muller da súa vida. Aproveitando o noso río violenta do curso anterior os debuxos quedaron expostos. 
   

   Así mesmo, o alumnado de 3º ciclo estivo preparando entrevistas moi especiais a dúas mulleres referentes na nosa comunidade: a primeira alcaldesa de Burela, Carmela, e á Directora do Hospital Público da Mariña, María José Cortés; entrevistas que quedarán tamén recollidas no noso noticieiro do reino. 

    O alumnado de 6º visitou o Concello e alí charlou coa nosa alcaldesa: 
  


   Para o reto do "Noticiero do Reino" o alumnado sintetizou un pouquiño a entrevista, que podedes ler na entrada do seu blog si pinchades na imaxe: 


 
    e o alumnado de 5º recibiu nas súas aulas á directora do Hospital: 


     Ademáis, os voluntarios de 6º presentaron o seu vídeo sobre "micromachismos", reflexionando sobre condutas machistas que seguimos a presenciar na actualidade, xestos que pensamos que non teñen importancia...pero non é verdade!!! 
    Está nas nosas mans concienciar, axudar a construír unha identidade xusta, sá e libre de estereotipos e prexuizos. O límite sempre é o respecto aos demais. 



MARZO: ASAMBLEA DE REINOS E RETO 7

 







    Con marzo chega un novo reto por parte do bruxo. Os reinos están convocados a unha nova asamblea nos troncos para que Libruxa lles de a nova misión. Non lles faiguemos esperar máis!!!



   Tivemos que cambiar o lugar da asamblea xa que a mañá presentouse pasada por auga...

   
Ao longo deste mes, os reinos de Vistamáxica estarán moi ocupados elaborando o "Noticieiro do Reino", como parte das actividades conmemorativas deste mes: Semana da Prensa e Día da Muller. Quedarán recollidas neste noticieiro especial...



6 may 2024

PEQUENOS CONTACONTOS

 

  

   Para ir rematando febreiro, as profes Cris e Lina de 3 anos de Infantil prepararon unha pequena sesión de contacontos para compartir a nivel intercentros cos nosos veciños, a Escola Infantil A Galiña Azul, que viñeron a visitarnos á biblioteca de Libruxa.

    Nesta ocasión tocou o clásico infantil "A que sabe a lúa?"


SEMPRE ROSALÍA, SEMPRE POESÍA...


    Para conmemorar este día tan importante das Nosas Letras, propuxéronnos dende o Concello de Burela participar nunha actividade colaborativa con todos os centros educativos do Concello, tanto CEIPs como IES, preparando un maratón de lectura rosaliana con versos elexidos por nós e reunirnos abaixo no edificio consistorial. Mans á obra!!!!!!
    Coa axuda dos voluntarios da biblio, eleximos os versos para o alumnado de primaria e tamén preparamos a actividade que íamos facer no centro seguindo, como sempre, a proposta da AELG: 

 

Correversos ROSALÍA 23-24 by Nazareth


    Desgraciadamente, chegado ese día o tempo non acompañou e ningún centro puido baixar ao Concello, polo que celebramos o maratón de lectura nos propios centros acompañados polo edil de cultura: 

   



     Ademáis deste maratón de lectura, ao longo desa semana fumos realizando diversas actividades plásticas nas aulas para elaborar un fermoso mural adicado a esta escritora. 

     Os pequeniños de 3 e 5 anos puxéronlle imaxes e cor aos versos do poema proposto 


  mentres que @s peques de 4 anos elaboraron uns fermosos retratos de Rosalía coa técnica do puntillismo


   Finalmente, para rematar o mural, o alumnado de 2º de primaria elexiu diferentes retratos/caricaturas da autora para elaboralos co lápiz 3D


Rosalía Lápiz 3D by Nazareth






   E así quedou o mural rematado: 



   


   Ademáis, o alumnado de 6º achéganos a vida e obra de Rosalía a través dun vídeo: 




OS REINOS VISTEN DE GALA

 


        Está chegando o Entroido a Vistamáxica, e pouco a pouco vaise engalanando o cole: os bufóns chegan coa música, o meco prepara as súas ordes e os reinos ultiman as súas mellores galas para o gran desfile cumprindo o mandato do reto 5....

   Este curso temos un meco moi especial, Vatra, e si queremos sacarlle outra escama temos que ler atentamente as súas ordes: 













Deixoulles indicacións moi precisas aos axudantes de Libruxa:





      E así comezamos a semana e os habitantes dos diferentes reinos, por suposto, disfrutando moitísmo


    E chegou o día do gran desfile onde presentamos o resultado final da elaboración dos disfraces cumprindo os retos do bruxo para derrocar a Vatra ao longo de todos os meses pasados, cada un deles representando o significado e o simbolismo do seu reino.  Publicamos nas redes a seguinte mensaxe: 
 

    E este sería a nosa programación perfectamente organzida para que toda a comunidade educativa poda desfrutar desta festa: 




    E así quedou resumido en diferentes vídeos, intenso pero bonito: 




  Tamén nos acompañaron no baile conxunto as xogadoras do Pescados Rubén Futbol Sala Femenino de Burela: 



   E ao final Vatra ardeu en chamaradas...