Páginas

9 ene 2022

PONTE NO MEU LUGAR: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON "DIFERENTES CAPACIDADES"

 


     Como sempre, acompañamos a actividade que se propón con recomendacións lectoras no noso expositor temático: 


  Con esta actividade pretendemos sensibilizar ao noso alumnado das verdadeiras necesidades das persoas con dependencia e defender os seus dereitos, invitándoos a poñerse no lugar do outro por un pouco espazo de tempo, para que se den conta das dificultades polas que atravesan no seu día a día.

    Concienciar á sociedade da necesidade de apoios e recursos para dar unha resposta efectiva que cubra as súas necesidades sociais, educativas e sanitarias para conseguir unha mellora no desenvolvemento da súa identidade persoal. 


   
  



















   Normalmente non acaparan portadas de xornais pero todas estas persoas teñen unha historia de esforzo e superación que merece ser contada. Accidentes, lesións, enfermidades....que se converteron nunha oportunidade para mellorar e fortalecer o seu carácter. 

     Adiaratou Iglesias, Desirée Vila, Susana Rodríguez....? Son mulleres,deportistas, galegas... sobre as que o alumnado de 6ºB indagou e coñecer as súas historias foi toda unha lección. 

A FRAGA DA NON VIOLENCIA

 


      O machismo, a desigualdade ou a discriminación deberían ser actitudes non tolerables nunha sociedade democrática como a nosa. Entendemos que é unha responsabilidade compartida e un compromiso social loitar e previr este tipo de violencia, ao mesmo tempo que darlle visibilidade a esta realidade para que @s máis pequen@s da sociedade a recoñezan e rechacen enerxicamente estes comportamentos. 

          A nosa proposta deste ano consiste en crear unha pequena fraga contra a violencia de xénero, chea de mensaxes a favor da igualdade e respecto mutuos, partindo de lecturas previas na aula relacionadas co tema expostas no expositor temático da biblio. 



      Esta foi a nosa proposta inicial presentada ao resto do claustro, que tivemos que modificar por inclemencias metereolóxicas e levar a nosa fraga da non violencia ao interior dos edificios: 
  

   Despois de ler e traballar na aula sobre o tema, estes foron as mensaxes escritas polos nosos nenos e nenas.  Aquí vos deixamos un vídeo do noso traballo para conmemorar este día: 

OBRADOIRO LITERARIO DE NOVEMBRO: MES DO MEDO


    Se ben a 1ª parte foi a creación artística das tumbas dos seres lendarios galegos para construír o noso bosque enfeitizado, esta entrada corresponde á 2º parte da actividade proposta para o Samaín, onde estivemos investiganodo ao longo deste mes de novembro sobre os diferentes seres mitolóxicos que habitan os nosos montes e fragas e elaboramos pequenas creacións literarias que escoitaredes a continuación: 

CHEGA O MAGOSTO E O MOMENTO DE "naturalizARTE"

 

   

    E xa vai chegando o magosto, tempo de outono, de castañas....e por iso xa temos preparadas as nosas actividades que colgamos na aula virtual do cole para que os titores xa fosen preparando todo o necesario: 

Magosto 2021 by Nazareth


      Nestes vídeos atoparedes resumido o noso día de Magosto co asado, o baile tradicional e o obradoiro de "Land art", arte coa natureza, que nós lle chamamos "naturalizARTE"

 






   @s nen@s de 4 anos elaboraron xa o seu vídeo sobre a súa árbore dos montes galegos do PDI de centro no que estamos a traballar este trimestre, que encaixa moi ben con este conmemoración, xa que se trata do castiñeiro

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA: A NATUREZA DA MOITO XOGO!!!!



       

    O 20 de Novembro é un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo en honor á aprobación da Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 pola Asamblea Xeral da ONU. 
      O obxectivo de celebrar este día é chamar a atención sobre a situacón d@s nen@s máis desfavorecidos e dar a coñecer os seus dereitos, ao mesmo tempo que concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu bienestar e desenvolvemento. 
      Quixemos conmemorar este día coa preparación dun taller de elaboración dalgún xogo tradiconail con elementos da natureza, seguindo a liña do noso proxecto, e coa colaboración das monitoras de GAIA. 
   

     






4 nov 2021

VISITA DE ANXO MOURE

 


   Hoxe visitou o noso cole o contacontos Anxo Moure que nos engaiolou coa maxia da natureza. A imaxinación deste activista ecoloxista para artellar historias e aparellos cos que poder chegar aos máis pequenos coas súas mensaxes non ten límites, unhas mensaxes que sempre teñen que ver coa natureza e a cultura popular galega. 

   Leva moitos anos compartindo as súas historias nos coles e a través de actividades de educación ambiental e animación cultural con contacontos pedagóxicos, nunha casa enriba dun castiñeiro e dun carballo, ou a través de Ciclobicicletas, ou monicreques das Titiricletas...entre outras



   





    Aquí vos deixamos tamén o conto "O carballo con Botas" en slideshare con pictogramas: 


    Aproveitamos tamén para que nos firmara tamén o libro "a música das árbores"




CHEGAN AS BRIGADAS VERDES: POR UN COLE MÁIS LIMPO

 


  Jan, a mascota do Erasmus+ está moi preocupado xa que está a ver algunhas cousas que non lle gustan, sobre todo no edificio 1. Comezan as eco-accións no noso cole...Está nas vosas man axudarlle, pero antes escoitade con atención: 


    Para que vexades que non era unha broma o que Jan vos contaba, aquí unha proba do que recolleron @s nen@s de 6ºB no patio


          Libruxa tamé aplaude as vosas accións. Moi ben peques e grazas pola vosa rapidez e implicación na limpeza estes primeiros días, por recoller algo de lixo que ao mellor sería voso, pero tamén de moitos outros que o deixaron alí...Así se fai!!!
          RECORDADE que a partir de agora as BRIGADAS VERDES comezarán a funcionar vixiando o patio para que quede limpo e multando a todas as clases que deixen lixo tirado no chan. 
          COIDEMOS O NOSO COLE!!!

BOOKTUBE: "ÁS DE MOSCA PARA ANXO"

 


  Ás de mosca para Anxo, de Fina Casalderrey foi o primeiro libro que decidiron ler os nenos e nenas de 6ºB e quixeron recomendarllo aos seus compis a través dun booktour, esperando que vos animedes tamén a compartir as súa lectura. 


O BOSQUE ENFEITIZADO

 


   Chegou de novo Samaín, unha data que gusta moito aos nen@s do cole. Ademáis de vir disfrazados e compartir medos ese día, Jan e Libruxa prepararon algunhas actividades terrorííííficas!!!!

   Preparouse o expositor temático: 


    Para a ambientación, nesta ocasión pedimos ás familias encher os corredores do cole de cadaleitos, feitos con materiais reciclados. Nós no cole, creamos un bosque enfeitizado no invernadoiro cheo de tumbas dos seres mitolóxicos que habitan os montes galegos. Ademáis faremos unha pequena composición literaria sobre a criatura que nos tocou, así que teremos que investigar moi a fondo quen son, como son, que fan... recuperar eses relatos imaxinarios baseados na tradición oral e as lendas que antiguamente trataban de explicar aqueles fenómenos que non tiñan unha explicación sinxela. 

o Bosque Enfeitizado by Nazareth


PÁXINAS DE INFORMACIÓN: 

- Orgullo galegohttps://orgullogalego.gal/escolma-seres-mitoloxicos-galegos/

- Galicia encantadahttps://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=1&id=945

- Monte Viso, Santiago de Compostelahttps://www.santiagoturismo.com/miradoiros/monte-viso

  

  O alumnado de 6ºB xa estivo investigando sobre os Biosbardos e merece a pena que os coñezades!!!

  

Libruxa tamén vos quere deixar unha pequena guía de lecturas terroríficas para ler nestes días:    

Guía Samaín 2021-22 by Nazareth

 

 Así quedou o noso bosque enfeitizado, totalmente terrorífico....








  E estas son os cadaleitos que elaboraron cada clase coa criatura máxica que nos tocou: 

samaín 2021 - Kizoa Movie Maker

Neste vídeos atoparedes un pequeno resumo das nosas actividades de Samaín: decoración, merendas e o bosque enfeitizado