7 mar 2016
17 ene 2016
16 dic 2015
15 dic 2015
Intercambio xeracional
Hoxe o alumnado de 1º e 6º cursos de Educación primaria do noso centro escolar participou nun intercambio xeracional coa residencia da terceira idade de Burela.
Nas instalacións da residencia, os nosos nenos/as cantaron villancicos, recitaron poesías de Rosalía de Castro e leron un libro elexido por eles na Biblioteca do centro para esta ocasión tan especial: "Así era mi abuelito". Os residentes moi agradecidos cantaron tamén villancicos tradicionais para os nosos nenos/as. Logo, todos disfrutaron xuntos dunha rica merenda que nos tiñan preparada.
Grazas por invitarnos un Nadal máis a esta interesante iniciativa!
Grazas por invitarnos un Nadal máis a esta interesante iniciativa!
1 nov 2015
30 oct 2015
Así celebramos O SAMAÍN no noso colexio
O pasado xoves 29 de outubro celebramos no cole o Samaín.
Foi un día moi completo cargado de actividades terrorificamente divertidas: taller de cociña, degustación e baile...
Ata Libruxa nos tiña preparada unha sorpresa na biblio.


Botádelle un ollo ao vídeo e comprobaredes que para nós foi un día de medo!
E como non, gustaríanos agradecer a colaboración das familias, que nos axudaron na decoración dos edificios aportando un montón de cabazas decoradas, cada cal máis espectacular!
24 oct 2015
18 oct 2015
24 de outubro: Día da Biblioteca
Os vindeiros Xoves 22 e Venres 23 de outubro, iremos visitar a nosa Biblioteca Escolar para levar a cabo a tarefa que Libruxa nos encomendou.a través desta carta:
Días da Biblioteca
Xoves 22 e Venres 23 de Outubro
- Primeiro tes que ler a carta de Libruxa
- Libruxa quere saber que esperas da Biblioteca do cole este curso.....
- Escribe ou debuxa nun papel o teu desexo
- Colocaremos ese desexo nunha silueta de Libruxa...
- Libruxa terá preparada a segunda tarefa para ti.
- Sorpresa......
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










