



O Día Internacional das Mulleres celébrase o día 8 de marzo e está recollido polas Nacións Unidas.
Neste día conmemórase a loita da muller pola súa participación, en pé da igualdade có home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.
Trátase simplemente do dereito das mulleres a desenvolver plenamente a súa cidadanía en igualdade cos homes.

Traballo colaborativo de todo o alumnado e profesorado do centro para celebrar o DÍA DA PAZ 2009. A canción de Cómplices "Verdad que sería estupendo....?" sirveunos de base para traballar e xogar co significado das palabras e logo desenvolver a súa creatividade con debuxos e pintura. Non faltou ao final o taller de bicos entre o persoal e alumnado do centro.