Páginas

15 oct 2023

QUE SUCEDE NOS REINOS?


 





     

     E mentras tanto, nos distintos reinos imos entrando en materia e coñecendo un pouquiño non só sobre os dragóns e a nosa cultura popular, se non tamén sobre a Idade Media e cómo era a vida naquela época. 

     Os pequechos andan a aprender os oficios antigos que se remontan á época medieval e algúns están a piques de desaparecer. O alumnado de 4 anos convertiuse en panedeiros e panadeiras por un día e qué rico lles saiu o pan!!!!! 

   


     Outro día, convertíronse en pequenos agricultores e foron sacándolle as vainas ás fabas para facer unha rica ensalada. Alimentación rica e saudable, como antigamente!!!!



    O alumnado de 1ª ciclo comezou a investigar sobre os dragóns e outros seres fantásticos e mitolóxicos, polo que foron visitar o "Bosque Máxico" onde tiñan o reto de atopar diferentes seres encantados, e tamén aproveitaron para aprender máis cousiñas sobre outro oficio case desaparecido, a olería de Bonxe. Alí aprenderon a traballar o barro e cómo antigamente se facían vasixas, pratos, xarras, lavadoras.... 


 

    Os máis maiores tamén aproveitaron estes primeiros meses para visitar a Burela antiga: a Igrexa da Vila do Medio, os lavadoiros, as fontes, o muíño, os cabozos...vestixios de épocas pasadas que debemos respectar e coñecer.