O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, este ano baixo o lema de "Tecendo comunidades", porque iso é o que é unha biblioteca: un lugar de encontros, de convivencia, de descubrimentos...un lugar para compartir experiencias e disfrutar das viaxes a outros lugares a través da lectura.
Este curso o lema das Biblitecas Escolares de Galica é "Unha Biblioteca Escolar en Viñetas", para poñer en valor o cada vez maior protagonismo deste xénero nas nosas bibliotecas. Ler cómic tamén é ler e favorece a autonomía lectora dende ben pequeñ@s, ao mesmo tempo que axuda ao desenvolvemento artístico, creatividade e imaxinación.
O dia de hoxe, coma sempre no noso cole se poñen en marcha as mochilas viaxeiras, unha maneira de tecer lazos coas familias a través da lectura e do intercambio de opinións sobre as mesmas no cadernos que acompaña a cada mochila.
Preparadas para que comecen a circular!!!!!
Hoxe Libruxa tamén mandou unha mensaxe moi especial para o alumnado de 6ª na búsqueda de voluntarios para que lle axuden no seu traballo diario, que non che é pouco!!!
A ver cantos e cantas peques se animan. Saberémolo estes días.
Como parte da formación de usuarios que iremos dándolles aos grupos de voluntarios e ao resto do alumnado, elaboramos un díptico cun plano da nosa biblioteca: