Páginas

22 oct 2023

DÍA DAS ESCRITORAS


       O 16 de outubro celebrouse o Día das Escritoras, como cada ano dende 2016, para reivindicar a labor  e o legado literario da muller, tantas veces relegado a un segundo plano. 
       
        Libruxa quixo achegar este día aos nosos nenos e nenas coa presentación dun libro de historas titulado "Horripilantes", editado por unha editorial pequeniña, Tres Patas y pico, creada por tres mulleres. 


   
    16 historias monstruosas, 16 actividades para pasalo de medo, 16 curiosidades coas que che explotará o cerebro, escritas maiormente por mulleres. 16 personaxes tan espeluznantes como divertidos e tan monstruosos como entrañables que fixeron as delicias do noso alumnado de Infantil, 1º Ciclo e 3º de E.P
   Agora que se achega o Samaín,  o xoves 19 disfrutaron un bo ratiño do bo facer contando contos de Elena Cienfuegos, escritora dunha das historias.