Páginas

15 oct 2023

BENVIDOS A XOGO DE REINOS!!!!!

 

            O dragón Vatra atravesou o portal do tempo e ameaza a armonía e a boa convivencia do cole. Un bruxo baixa do monte para avisar a Libruxa, que debe convocar unha asamblea de reinos...
       
          Así comeza o noso novo PDI e así o presentamos a toda a comunidade educativa o primeiro día de cole: 

    
          Deste xeito creamos expectativas e motivación para o inicio de curso. Os profes aparecimos disfrazados e co estandarte do noso reino para recibir aos peques e ás súas familias. Estarán os nenos e nenas dispostos a axudar a Libruxa a derrotar ao dragón? 

           QUE COMECE XOGO DE REINOS!!!!!!

    Así quedou compartido nas nosas redes sociais: