Contos á Vista chega ao seu fin co musical "A festa da Primavera". Pouco a pouco a pequena obriña que preparamos para a exposición de Viveiro da Microrrede Plambe da Mariña foise convertendo nun MUSICAL combinando o teatro coas actuacións musiciais e de baile de cada clase. Aproveitamos tamén os disfraces do Entroido para caracterizarnos dos personaxes dos contos.
Todo comeza ese día cunhas voces en off...
A obra foi ideada por nós polo que foi cambiando pouco a pouco, introducindo personaxes, música, sons, creando os escenarios, vestiario....Partimos do libro "o lobo que descrubriu o país dos contos" que limos nas aulas e ahí comezou todo...
Aquí vos compartimos o "script" e veredes como pouco a pouco foi tomando forma e fumos organizando aos nen@s voluntarios de 6º, que desfrutaron como nunca nos ensaios e nas representacións, aínda que pasaron algúns nervios!!!!